Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Xosé Azar ofrece na Casa unha visión diferente e unha interpretación máis optimista do famoso poema "Negra Sombra"

O filósofo e artista de Compostela afincado en Madrid é tamén especialista na obra de Rosalía
Madrid, 12 de maio de 2015

O filósofo, poeta e artista compostelano afincado en Madrid Xosé Azar, mostrou unha revolucionaria interpretación do inmortal poema de Rosalía na conferencia "Negra sombra, fondo e trasfondo" que ofreceu esta tarde na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia. Azar, que é autor das obras "Rosalía erótica y existencial"; "Rosalía desde una poética integral"; e de "A outra Rosalía", logo de recitar o poema con outra entonación, aportou unha visión diferente, cunha interpretación máis optimista á habitual. 

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais da Casa Ramón Jiménez, quen destacou nas súas palabras que "a conferencia de hoxe de Xosé Azar é unha celebración tamén do Día dás Letras Galegas, por canto céntrase no estudo do poema Negra sombra, de Rosalía de Castro, escritora á que se debe a gran Festa do idioma do 17 de maio". Jiménez recordou tamén a faceta de escultor do ponente, discípulo de Asorey na escola de Artes e Oficios de Santiago, antes de trasladarse a Madrid e licenciarse en Filosofía na Complutense e doutorarse máis tarde na Autónoma, "cun traballo titulado Vida masculino/feminina, no que profundaría ampliamente despois ao longo dos anos". Como escultor, a Casa ofreceu ao público unha selección das súas obras en decembro de 2013, "unha exposición que sobordar lirismo por todas as partes; tal era a delicadeza das súas obras que máis que pesados bronces semellaban poemas esculturais, a materia e o espírito fundidos", sinalou Jiménez.

En relación á conferencia, para Xosé Azar, partindo da súa teoría do (des)entrañamento ou (des)axuste da integración do infante e -sobre todo- a nai como orixe da obra de arte vital ou esencial, como o demostra en poetas e filósofos -Baudelaire, Poe, Schopenhauer...), ve a negra sombra rosaliana como "expresión sufriente pero tamén gloriosa da súa creación poética" e demostrouno facendo ver que o poema "ten estrutura de chamarada", como tamén ocorre en la noche oscura de San Juan da Cruz, a súa irmá". Azar explicou que "Negra sombra é unha invasión; hai unha primeira ola, é a primeira estrofa, contida polo desexo da agonista de que a cousa non pase a maiores; unha segunda estrofa na que a ola rompeu xa o dique; unha terceira en que non hai máis que a vida que ela trae. E unha última que é sabedoría e totalidade e confianza de cara ao futuro". E así o deixou patente na lectura final do poema.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes