Presentación e proxección do documental "o Instante eterno" sobre a vida e a obra do poeta Xosé María Díaz Castro

A Casa celebra o Día das Letras mostrando en Madrid a figura do poeta de Guitiriz
Madrid, 19 de maio de 2014

A Casa acolleu hoxe a presentación e proxección do documental “O INSTANTE ETERNO", de Xosé Antonio Cascudo Rodríguez, sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, a quen se dedica este ano o DÍA DÁS LETRAS GALEGAS, realizado para promover e difundir a vida e obra do poeta da localidade lucense de Guitiriz de cara á celebración do centenario do seu nacemento que foi o pasado 19 de febreiro.

No acto interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez;  o director e guionista do audiovisual, Xosé Antonio Cascudo e o presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco.

Na súas palabras, Jiménez explicou que, na Casa celebramos hoxe o Día das Letras, ainda que “a data exacta é o 17 de maio, por publicarse ese día de 1863, en Vigo, o primeiro exemplar da obra "Cantares galegos", de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego. Esta celebración do 17 de maio foi instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacaran pola súa creación literaria en idioma galego ou polo seu defensa da devandita lingua”.

Pola súa banda, Xosé Antonio Cascudo contou cómo a idea do audiovisual xurdiu en 2011 xunto a Alfonso Blanco para dar a coñecer o poeta Díaz Castro, tamén dentro do ámbito galego. Procuraron abondosa documentación e a participación de diferentes estudosos, co obxetivo de rematar o traballo coincidindo coa data do seu nacemento. O feito de ser elexido Díaz Castro este ano para o Día Das Letras, fixo que o documental cobrara unha ampla dimensión e fose proxectado en centros e institucións das catro provincias galegas, e fóra de elas.

Para Alfonso Blanco, que lembrou coñecer o autor en Madrid, “un lugar común a moitos galegos donde se unen polo sangue o traballo e as vivenzas”. Blanco contou que Díaz Castro, que falaba 17 idiomas escribía “na lingua na que mamou” e andaba por Madrid como “con unha lupa buscando sempre algún galego co que falar en galego”. A paisaxe marcouno dende que naceu, e consideraba que “era máis galego polo feito de vivir a emigración”. Era “un home namorado da terra na que naceu”. Alfonso Blanco Torrado, biógrafo de Díaz Castro e presidente da Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz, é autor de “Ascensión dun poeta”, de 1955, ensaio merecente do IX Premio Ánxel Fole, e frecuentou a amizade cando o poeta Díaz Castro retornou a Galicia en 1982 para vivir en Guitiriz co seu irmán Serafín. Blanco asegurou que o poeta sempre dixo que ese tempo en Galicia, cando retornou, “foi o máis feliz da súa vida”.

Para conmemorar o Día das Letras, a Casa acolle tamén este mes a mostra “51 Páxinas das Nosas Letras” un proxecto do Parlamento de Galicia en colaboración coa Xunta e a Real Academia Galega, que consta de 51 medallas, das que Díaz Castro fai o número 51 .

 

Xosé María Díaz Castro (1914 – 1989), é poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo), que ingresou aos dezasete anos no Seminario de Mondoñedo e cando saiu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa tradución no ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.

Escribiu os primeiros versos aos 12 anos e o seu primeiro poema publicouno aos 16 na revista  “Lluvia de rosas”, de Tarragona, da que foi colaborador. Dende Madrid publicou asiduamente poemas na revista “Alba”. A súa consagración produciuse coa aparición no tomo IV da Escolma de poesía galega, en 1955, de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas “Estafeta Literaria” e “Ínsula” de Madrid. En 1946 publicou “Nascida dun sono” e “El cántico de la ciudad”, e en 1961 “Nimbos”, a súa obra máis importante. Publicou, ademáis, traducións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas, como Lamartine, Chesterton, Yeats, Whitman o Rilke. En 1946, nos Xogos Florais de Betanzos, acadou a frol natural ao mellor poema en castelán coa composición “El cántico de la ciudd”, e o premio á mellor poesía en galego con “Nascida dun soño”. Finou en Lugo o 6 de outubro de 1990 e foi soterrado en Guitiriz. Deixou inéditos, en castelán, o poemario “Sombras radiantes” e una longa composición, “Melodía”.

 O acto, celebrado enteiramente en galego, contou coa asistencia do alumnado de galego das clases que se imparten na Casa, no Espazo das Linguas

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes