Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

JOSÉ RAMÓN ÓNEGA PRESIDIU, EN REPRESENTACIÓN DE NÚÑEZ FEIJÓO, OS PREMIOS VITORIANO REINOSO

O galardón outórgao a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA e nesta edición a distinguida foi Elvira Rodríguez
Madrid, 18 de febreiro de 2015

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López presidiu hoxe, en representación de Núñez Feijóo -por encontrarse de viaxe oficial no exterior-, os premios Victoriano Reinoso, galardón que outorga a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA e que nesta IX edición a distinguida foi a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores, Elvira Rodríguez.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López presidiu hoxe, en representación de Núñez Feijóo -por encontrarse de viaxe oficial no exterior-, os premios Victoriano Reinoso, galardón que outorga a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA e que nesta IX edición a distinguida foi a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores, Elvira Rodríguez.
Nas súas palabras, Ónega quixo felicitar en primeiro lugar aos organizadores, os Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) e ao seu presidente, Julio Lage, "un empresario que fai realidade o que proclama o proverbio chinés: "O home que non sorrí non debe abrir unha tenda". Destacou tamén o labor de José Cerdeira, secretario general da Asociación, que une "á súa profunda dose de cultura, o traballo esforzado de cada día ao servizo dos empresarios galegos en Madrid". E tamén resaltou a "boa semente" que deixou Enrique Santín, "primeiro artífice desta Asociación que na súa segunda xuventude segue repartindo sapiencia e elegante doutrina xurídica e humana na prensa galega".
O delegado da Xunta en Madrid transmitiu tanto a AEGAMA como aos preto de douscentos convidados que asistiron ao acto, "o afecto e profunda admiración" do presidente Feijóo polo labor e longa traxectoria profesional da Asociación tanto ao "equipo directivo coma aos seus asociados e colaboradores" e a súa "felicitación que estende a Elvira Rodríguez pola merecida e prestixiosa distinción que hoxe se lle outorga". 
Ónega recordou ademais no seu discurso que "o presidente Feijóo coñece que os empresarios galegos en xeral, co seu esforzo e capacidade, son capaces de levantar Galicia procurando os niveis de desenvolvemento necesarios para situar á nosa rexión entre as máis prósperas e desenvolvidas do país. E Uds., membros de AEGAMA, na capital de España, son os axentes idóneos para lograr este impulso necesario para crear riqueza, postos de traballo e, en definitiva, desenvolvemento e prosperidade".
No acto de entrega desta IX edición do Premio Vitoriano Reinoso intrerviñeron tamén o presidente de AEGAMA Julio Lage, o secretario xeral da Emigración Antonio Rodríguez Miranda e a propia homeajeada Elvira Rodríguez.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter