Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolleu esta mañana o encontro internacional "Xapón en Asia e ol mundo: Cales son as prioridades nun contexto cambiante?" organizado por FRIDE

O acto contou co embaixador de Xapón e representacións diplomáticas dunha ducia de países de Europa, Asia e América
Madrid, 10 de xuño de 2015

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acolleu esta mañá o encontro internacional, que baixo o título "Xapón en Asia e o mundo: cales son as prioridades nun contexto cambiante?" organiza a Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior, FRIDE. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega deu a benvida ao director de FRIDE Giovanni Grevi, a todos os relatores e asistentes á Casa, entre os que se encontraban os embaixadores de Xapón, Malta e Letonia, ademais de representantes das embaixadas de doce países de Europa Asia e América.

No acto, que estivo dividido en dúas sesións, interviñeron unha decena de relatores de Xapón, India, Italia e España, e contou coa asistencia de máis de medio centenar de diplomáticos e profesionais de doce países de Europa, Asía e América. Na primeira, moderado por Giovanni Grevi, trataron sobre a "Axenda da política exterior de Xapón: socios antigos e novos"; mentres que a segunda, co título "A posición de Xapón en materia de seguridade e defensa: novos desafíos", estivo moderada por José Ignacio Torreblanca, director, ECFR Madrid.

FRIDE organizou este encontro para afondar nos desafíos aos que Xapón tivo que facer fronte nos últimos 70 anos, dende a súa rendición na Segunda Guerra Mundial, que se cumpren en setembro. Dende entón, o país nipón soubo adaptarse ao novo contexto global e rexional que evoluciona rapidamente. Firme aliado das iniciativas de cooperación rexional que se levaron a cabo na zona de Asia-Pacífico, Xapón desempeñou un papel fundamental nunha serie de cuestións da axenda internacional, dende temas comerciais ata os relacionados co cambio climático e o desenvolvemento.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes