Medios

  • (2848x4288px., 770 Kb.)
  • (2848x4288px., 831 Kb.)
  • (2848x4288px., 904 Kb.)
  • (2848x4288px., 955 Kb.)
  • (2848x4288px., 903 Kb.)
  • (2848x4288px., 652 Kb.)
  • (2848x4288px., 1319 Kb.)
  • (2848x4288px., 1064 Kb.)
  • (2848x4288px., 959 Kb.)
  • (2848x4288px., 967 Kb.)
  • (2848x4288px., 1001 Kb.)
  • (2848x4288px., 484 Kb.)
  • (2848x4288px., 1032 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia clausura o programa de actividades coa entrega de distincions a personalidades que colaboraron activamente coa Institución

Entre os galardoados estaban Ana Pastor y os anteriores directores da delegación galega en Madrid
Madrid, 20 de decembro de 2011

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu o acto de clausura do programa de actividades do ano, no que o delegado e director, José Ramón Ónega fixo entrega de distincións a diversas personalidades que colaboraron activamente con esta Institución. Os galardoados foron: Ana Pastor Julián, José Manuel Pérez Vázquez, Andrés Ramos Castro, Carlos de Blas Armada, Elías Rodríguez Varela, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Enrique Beotas López, José Cerdeira Taboada e aos directores da Casa que lle precederon no cargo dende a súa fundación: Francisco Díaz Rey, José Antonio Ferreiro Piñeiro, Ramón López Vilas e Alfonso S. Palomares. O acto pechouse coa interpretación musical da prestixiosa violinista de orixe húngara Andrea Szamek, en cuxo repertorio non faltou música celta.

No desenvolvemento do evento, ademais das palabras de Ónega, léronse uns breves CV dos premiados, nos que se citaba, de forma resumida, os aspectos máis relevantes das densas traxectorias profesionais dos galardoados. De Ana Pastor, que no último momento non puido acudir, o delegado resaltou "a axuda e afecto que sempre nos vén prestando. Temos a honra de renderlle unha pequena homenaxe que non se corresponde, nin moito menos, coas súas constantes atencións e afectos. Ana Pastor, nunca declinou nosas chamadas para vir a esta Casa, nunca dixo non aos nosos requirimentos para presidir algún acto ou participar nos distintos eventos, mesmo postergando outros compromisos ou renunciando a obrigas ineludibles,".

Especialmente emotivo resultou o recoñecemento do labor realizado polos exdirectores da Casa, que agradeceron este xesto e coincidiron en sinalar que os anos dedicados á delegación galega "ocupan un lugar preferente" nos diferentes cargos e postos desempeñados. Na entrega Ónega recordou: "Fai case 20 anos que don Manuel Fraga, fundou esta Casa, que sería precursora e modelo das promovidas despois por outras Comunidades Autónomas. No transcurso destes 20 anos, esta Casa tivo cinco directores, que hoxe estamos aquí. Os meus antecesores son os meus queridos amigos Francisco Díaz Rey, José Antonio Ferreiro Piñeiro, Ramón López Vilas, e Alfonso Palomares. As nosas respectivas etapas de xestión corresponden aos Gobernos dos presidentes da Xunta, Fraga Iribarne, Pérez Touriño e Núñez Feijóo. Son eu o quinto director e ben quixera que se cumprise a crenza de que, como nos touros, non hai quinto malo. En todo caso, procuro imitar os meus antecesores, que desenvolveron un eficaz labor. Quixera eu imitalos, como digo, e se for posible, superalos, que será difícil. Esta é a razón pola que considero xusto e necesario este acto de recoñecemento e amizade entregándolles tamén as distincións. Se algo nos une aos cinco, é o servizo a Galicia, e a amizade mutua, sen distinción de credos políticos nin obediencias partidistas. Galicia non ten outra cor que o azul do océano que abraza as súas costas, o verde idílico dos seus prados, a frescura dos seus bosques ubérrimos, a forza telúrica dos carballos. Galicia, non é só xeografía: é un paraíso que o Creador nos legou aos galegos para xestionalo con sabedoría, amor e traballo. Niso estiveron os meus antecesores, e procuro estar eu, que herdei o seu bo facer e logros".

"Así mesmo, quero destacar o noso agradecemento a un grupo de personalidades que viñeron prestándonos a súa axuda inestimable e a súa eficaz colaboración. Como delegado da Xunta en Madrid, hónrame, como mostra do noso aprecio e agradecemento, entregar Diplomas aos señores: Dr. José Manuel Pérez Vázquez; Gonzalo Rodriguez Mourullo; Enrique Beotas López; Rvdo. Andrés Ramos Castro; Elías Rodriguez Varela; Carlos de Blas Armada, e José Cerdeira Taboada".

O delegado resaltou tamén que ademais dun bonito edificio, a Casa de Galicia en Madrid é "un centro de traballo no que a diario os funcionarios que o serven, dedican o seu mellor esforzo ao servizo de Galicia e dos miles de galegos residentes en Madrid. Aquí comezamos a xornada laboral, diariamente, ás 8 da mañá e moitos días finalizámola ás 11 da noite. Abrimos, así mesmo, os sábados e domingos, en xornadas ininterrompidas, para que o público en xeral poida visitar as exposicións e mostras de todo tipo, e, mesmo, funciona a Casa como Colexio Electoral do Distrito de Retiro, cando hai eleccións".E expuxo algúns datos como proba da ampla actividade: "Máis 10.000 persoas visitaron a nosa Casa e celebráronse aquí máis de 300 actos públicos. O Ano Xacobeo do 2010 foi especialmente abundante en actividade, pero non o foi menos o 2011. Autoridades dos tres poderes do Estado pasaron por aquí. Recibimos ao Cardeal Rouco Varela, a presidentes e ex presidentes (Mariano Rajoy estivo aquí catro veces, o mesmo que Felipe González), ministros e ex ministros, o fiscal Xeral do Estado, membros do Tribunal Supremo e Audiencias, membros do Consello Xeral do Poder Xudicial, membros das Reais Academias, embaixadores, a presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, o alcalde de Madrid e de varias capitais e municipios, presidentes de deputacións, etc. Aquí reuníronse os presidentes dos Parlamentos Autonómicos e conselleiros de Autonomías. Demos acollida a representantes de todas as opcións políticas do arco parlamentario. Acollemos mostras gastronómicas e turísticas, máis de 40 exposicións de pintura e escultura, a presentación de 120 libros e relatorios de todo tipo. E aquí reuníronse as asociacións galegas de: Empresarios, Xuristas, Médicos e Culturais como a Orde do Vieira e outras. Pretendemos que esta sexa unha Casa Aberta a todos sen distinción de ideoloxías nin partidos. A actividade cultural primou, non obstante, chegando ao 70 de toda a actividade. Rendemos homenaxes a personaxes galegos de relevo como Calvo-Sotelo, Cunqueiro, Uxío Novoneyra. Á parte quedan os actos institucionais nos que participo persoalmente como delegado da Xunta, en representación do presidente da Xunta e conselleiros. Acompañamos tamén un Grupo de peregrinos a Terra Santa, promovido pola Orde da Vieira. E inauguramos os Grandes Ciclos da Casa de Galicia, entre eles o Sanitario, de grande éxito, que está a dirixir e coordina o Dr. Pérez Vázquez. Acometemos este ano tamén a restauración da Casa, cun presuposto de 500.000 euros, para mellorar instalacións e reparar danos. O presidente Núñez Feijóo presidiu nesta Casa, no presente ano, dez actos".
Por último, antes da interpretación musical da prestixiosa violinista de orixe húngara Andrea Szamek que puxo o punto final do acto, Ónega tamén quixo agradecer ás Asociacións Galegas en Madrid, "a súa constante axuda, colaboración e amizade. A súa presenza nesta Casa é un exemplo de que a solidariedade e a unión dos galegos non é un mito, ou unha aspiración, senón un fermoso xesto diario; e o mesmo ás demais organizacións e entidades galegas da Comunidade Autónoma de Madrid, Centros Galegos, Xuntanzas e diversas agrupacións".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes