Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A mostra "Crónica de Galicia" de Antonio González na Casa en Xuño

O xornalista e pintor vocacional ofrece nos seus cadros recantos das cidades galegas
Madrid, 4 de xuño de 2013

- "O mellor de Antonio é que soubo captar nos seus cadros a alma de Galicia", dixo Bieito Rubido na presentación da mostra, que estivo presidida polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega. No acto interveu, tamén, ademais do director do diario ABC, o propio pintor, Antonio González. Ónega, poñéndose no lugar de Bernard Shaw cando lle preguntaban que obra salvaría dun incendio na National Gallery, "ao contrario que Shaw, que dixo a que estivera máis preto da porta, eu de Antonio González levaríame todas as de Lugo e de Santiago, porque son recantos da miña vida nesas cidades".

Sinalou ademais que "esta obra transmite emoción, realidade e é tanxible e legal, legal no sentido de sen artificios nin enganos".

Para Bieito, "Antonio foi primeiro xornalista e logo pintor; e soubo engadir o periodismo ás imaxes e captado o misterio de Galicia, algo que só se logra cando se vive a terra, como o fai el, aínda que non sexa nacido nela. Algo que se logra cando se ten unha muller coruñesa e se é capaz de sentir como el o fai. Coma se fóra de Ortegal", digo con retranca, pois é o lugar onde pasa tempadas”.

Tamén evocou a época na que coñeceu ao agora artista, cando exercía o periodismo como director do xa desaparecido "Informaciones", do que tanto aprendeu no oficio. Logo seguiuno en diferentes "Crónicas" por diferentes cidades, e sempre aprendeu del.

En relación á pintura, Bieto declarouse, "un enérxico furibundo da arte moderna e valoro enormemente o traballo dun cirurxián, cando opera, dun toureiro cando tourea e dun pintor cando pinta, como o fai Antonio", dixo. Tamén achegou o seu consello persoal: "Se queren ter unha boa obra na súa casa hai dous pintores galegos que pasarán á historia, Modesto Trigo e Antonio González", remarcou.

Para Antonio González, a mostra, que ocupa as salas A e B da Casa de Galicia "é como un paseo virtual pola diferentes cidades de Galicia". Trátase da quinta parte da colección total, pero "están as que tiñan que estar", asegurou. O pintor fixo uns extensos agradecementos, nos que citou especialmente a Bieito, ao que considera "padriño desta aventura; xa que ao principio me animou a que pintase Coruña, e foi tal éxito, que iso me animou a seguir coas demais. Aprendín a pintar con Santiago. Non en Santiago, se non intentando pintar Santiago porque é moi doado pero á vez tremendamente difícil pintar Santiago", explicou. "Logo seguín con Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo ¡e se fose posible Monforte de Lemos, pois tamén o faría! ". Noutro momento da súa intervención sinalou que ademais do seu mellor amigo, "agora Bieito é o meu director e eu o seu reporteiro gráfico".

"CRÓNICA DE GALICIA", ofrece a visión, case fotográfica, de paisaxes urbanas de Galicia, realizadas durante os últimos 15 anos, nas que retrata especialmente recantos das cidades máis importantes: Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

A exposición poderá ser visitada na delegación da Xunta en Madrid, -Casa de Galicia-, ata o día 28 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes