Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A exposición "Debuxos e pinturas" de Marta de la Sota estará na Casa ata o 28 de novembro

A mostra da creadora está composta por óleos sobre táboa que evocan a pintura holandesa do XVII ou a arte do ikebana e debuxos do natural
Madrid, 4 de novembro de 2014

A sala A da Casa de Galicia acolle dende esta tarde a exposición "Debuxos e pinturas" da creadora Marta de la Sota. O acto de inauguración correu a cargo do coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez e nas súas palabras sinalou que se trata dunha mostra composta por óleos sobre táboa, e debuxos do natural.

Os óleos "trasladan o espectador ata a pintura holandesa do século XVII", e mesmo evocan a arte xaponesa de ikebana. Mentres, nos debuxos "queda patente o dominio técnico por parte da artista", cunha ampla galería de retratos nos que plasma tanto persoas, coma animais e especialmente plantas cun detallismo propio dunha radiografía. Sementes de pradairo, papoulas ou dentes de león son un claro exemplo.

Marta da Sota naceu nunha familia de artistas. Os seus pais, os pintores Amparo Corres e Jesús de la Sota, foron o primeiro exemplo para ela, e isto provocou o seu inicio na pintura dende nena. Trasladouse a Inglaterra para cursar estudos na escola de arte Michael Hall en 1981. Seis anos máis tarde matriculouse na Facultade de Belas Artes de Madrid. Dende entón realizou exposicións en cidades como Madrid, Cuenca, Londres e Oviedo.

A exposición poderá visitarse ata o 28 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, os días laborables. Domingos e festivos de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes