O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, asistiu á inauguración da exposición "Vivir sin miedo, vivir con memoria"

Organizada pola Asociación Víctimas del Terrorismo
Madrid, 4 de marzo de 2019.

O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, representou hoxe ao presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na inauguración da exposición "Vivir sin miedo, vivir con memoria", que tivo lugar na Sala de Exposición Maruja Mallo organizada pola Asociación Víctimas del Terrorismo e presentada por, entre outros, a presidenta da Asociación, Maite Araluce, e o presidente da Comunidad de Madrid, Ángel Garrido. Entre os asistentes tamén se achaban o exministro de Xustiza Rafael Catalá e a deputada do PP e expresidenta da Asociación María del Mar Branco.

 

 

A exposición ten como obxectivo achegar á sociedade a terrible historia do terrorismo que o país padeceu durante os últimos máis de cincuenta anos. Pode visitarse ata o próximo 14 de marzo (Avda. Ciudad de Barcelona, 162, entrada pola praza de Daoiz y Velarde, Madrid, de 09,00 a 19,00 horas).

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes