Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

El poeta y escultor Xosé Azar mostra en Madrid a súa colección "Saudade" ata o 29 de decembro

O artista galego foi discípulo de Francisco Asorey
Madrid, 9 de diciembro de 2013

A sala B da Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta en Madrid, acolle dende esta tarde e ata o día 29 de decembro a exposición "Saudade" do escultor, poeta e artista santiagués Xosé Azar, que crea, obras nas que predominan as formas redondeadas e o seu gusto polas aberturas. No acto de inauguración, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez, recordou que Azar, "ademais de escultor, escritor e filósofo", é tamén autor de importantes e meditados tomos de Poética, nos que, "como un alquimista da palabra, analiza formas e fondos mediante un método orixinal seu único, asombrosamente coherente" e que "precisamente nesta mesma Casa presentou o seu libro "Rosalía erótica e existencial", escritora na que é especialista e sobre a que pronunciou tamén diversas conferencias".

Xosé Azar é especialista tamén noutros grandes poetas, como San Juan de la Cruz ou Santa Teresa de Xesús, "con cuxa mística se identifica". É por iso que a obra escultórica de Xosé "reborda lirismo por todas as partes, e sería apropiado dicir que ao elaborar estas pezas o que fai é compoñer poemas esculturais, pola delicadeza das súas obras, tal o milagre de ter conseguido que estes pesados bronces aparenten a lixeireza da levitación antes que a gravidez do metal, que sen ningunha dúbida me atrevo a cualificalas de espirituais,".

Jiménez explicou tamén os termos "arte" e "oficio" aplicados a Xosé Azar, remontándose ao século XVI, cando a navegación comezaba a tornarse "arte" e deixaba de ser tan só un "oficio". Eran dous termos empregados entón e distinguíanse porque unha "arte" era algo do que se dicía, "ninguén pode saber por si, e así convén que teña mestre que o ensine", mentres que un oficio "pode aprendelo o home por si co uso". Neste sentido, "Xosé Azar ten oficio, pois leva longos anos consagrado ao traballo das súas esculturas, pulíndoas ao máximo (e téñase en conta que o noso amigo deu en cultivar, de entre as artes, a máis antiga das que se ten noticia, a escultura, pois atopáronse pedras traballadas de 75.000 anos de antigüidade, cando a pintura das Covas de Altamira data tan só de hai 35.000 anos"; e ten tamén arte, "arte propiamente dita, que aprendeu, do seu mestre o famoso escultor cambadés Francisco Asorey na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela".

Xosé Azar "domina a súa materia, á que, máis que obrigala, persuadea a transmitir o espírito, máxime sendo a súa obra tan espiritual, tan doce, tan feminina e ao mesmo tempo tan masculina, o que se nota nas formas redondeadas, como as ondas, que de cando en vez rompen en masculinas cristas de escuma de bronce".

Algunhas das súas pezas levan por título "mulleres", e nelas está a forma "como redondas maternidades receptoras de vida que integran o masculino no feminino, porque o autor defende o inseparable do masculino e do feminino en todo na vida,". Segundo Jiménez. "Eu vexo unha particular interpretación do yin e o yang, os dous conceptos taoístas que expoñen a dualidade de todo o existente no Universo. Dúas forzas fundamentais opostas e complementarias que se encontran en todas as cousas"

Pola súa banda, Xosé Azar, sinalou que esta exposición, dedicada á súa nai, é unha homenaxe a todo o que ela representou e segue representando e recitou varios poemas da súa creación en castelán e galego, ao amor, á nai, á infancia, aos seus recordos e aos balcóns de cando neno "abertos á vida que agardaba".

Máis información www.xoseazar.es

A exposición "Saudade", poderá ser visitada ata o 29 deste mes de decembro, os laborables en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes