Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Carmen Touza inicia na Casa uhna mostra itinerante que levará súa obra a varias cidades dos Emiratos Árabes e da Chinesa

A artista de Pontevedra, formada en Alemaña e discípula de Wallace Ting, expón na delegación da Xunta en Madrid "Esencia de cores"
Madrid, 3 de xullo de 2012

Dende hoxe ata o día 29 de xullo a Casa de Galicia ofrece a exposición "Esencia de cores" de Carmen Touza, artista pontevedresa formada en Alemaña e discípula do pintor chinés nacionalizado estadounidense Wallace Ting falecido hai un par de anos. "Era como un pai para min", di Touza do poeta e colorista autor, do que poden identificarse moitas referencias nos seus cadros.

Nos próximos meses, a obra da internacional artista viaxará a cidades tan distintas e dispares como as dos Emiratos Árabes Unidos: Dubai, Abu Dhabi, e Dohan ou as urbes chinesas: Beijing, Shangai, Taipei e Hong Kong; tal e como comentou na presentación o tamén artista, orixinario de Verín en Ourense, profundo coñecedor das creacións de Touza e amigo persoal, Carlos Modesto Contreras.

Na inauguración interviñeron: o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez; o artista e delegado de varios museos norteamericanos en Europa, Carlos Modesto Contreras, (Barón de Verín) e a propia artista, Carmen Touza.

"Son creacións moi plásticas, cheas de vida e de cor como ela mesma", dixo Contreras, "inspiradas e dedicadas á muller de pensamento e espírito libre, contemporánea e de sempre, misteriosa e sensual, e a todas as mulleres como símbolo de traballo".

Do proceso creativo, Contreras considera que se trata dun acto de amor e sonos: "as esencias descenden a este mundo para unirse á materia e fecundala. Dándolle unha forma substancial. Un descenso sen o cal non sería posible se o artista fose soamente un contemplador e non un creador. O artista é un médium e a súa vida quizais só un pretexto. Acontece ás veces que, Arte e vida en perfecta relación e fiel harmonía se fonden de tal maneira que a Arte se converte en Arte de vivir e a vida en sonos; sonos de pintar e de pintar, naturalmente sonos".

Pola súa banda, Carmen Touza, tras os agradecementos de rigor, explicou que "afortunadamente, nos Emiratos Árabes a arte non está en crise" e é por iso polo que a súa obra xa ten asegurada alí a súa exhibición itinerante, ao igual que en China. A artista posúe tres estudos nos que traballa. "Teño un en Offembag, Alemaña; outro en Tenerife, que me encanta e o meu preferido en Pontevedra, coas mellores vistas do mundo: onde se funden a Ría e o Lérez".

A mostra poderá visitarse ata o 29 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes