Medios
- Gila, Mijares, Ónega e Paadín brindan con e por o viño galego (2126x2953px., 855 Kb.)
- Gila, Paadín, Mijares e Ónega na presentación da Guía, con parte dos viños da cata en primero plano (2126x2953px., 681 Kb.)
- Parte do público na Sala A na cata de viños brancos e tintos (2126x2953px., 593 Kb.)
- Sala B, para a cata de augardentes e destilados (2126x2953px., 536 Kb.)
A Casa acolle hoxe a xornada "Galician Wines 2015" coa cata "túnel de viños e destilados" e a presentación da Guía de Luis Paadín de 2015
A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolle hoxe, por terceiro ano consecutivo, unha xornada dedicada ao viño organizada por Foro da Enogastronomía e do Turismo de Galicia FETGa, ServinoConsulting editores e consultores de Viño e Gastronomía en colaboración coa Asociación Madrileña de Sumilleres.
Pouco despois de mediodía realizouse a presentación da "Guía de Vinos, destilados y bodegas de Galicia, 2015" dirixida por Luis Paadín, e na que interviñeron tamén o presidente da Asociación Madrileña de Sumilleres (AMS), Javier Gila; e a presidenta da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Viño (AEPEV), Isabel Mijares.
O acto estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega quen sinalou que "con esta terceira presentación, na Casa de Galicia, a cita, en Madrid, dos viños galegos de calidade vaise consolidando como un dos eventos máis atractivos para o sector vitivinícola galego". Pola súa banda Paadín, Máster en Vitivinicultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo onde é docente, destacou que "Galicia produce viños novos, frescos e afrutados, pero tamén viños maduros, frescos e profundos. Na guía, -que non leva publicidade e faise grazas aos micromecenados-, están todos. Os mellores, curiosamente son anteriores ao 2013, o que desmonta a teoría de que os viños galegos deben consumirse novos". Esta terceira edición recolle máis de 1.400 referencias -a case totalidade das amparadas polos Consellos Reguladores- e ofrece 535 fichas de cata.
A xornada, realizada exclusivamente para profesionais e medios especializados, inclúe tamén a cata "Túnel de viños e destilados" coas 100 mellores referencias galegas (75 viños e 25 destilados), en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas. Os viños, -brancos e tintos- na Sala A; e na B a cata dos destilados, -augardentes brancas, envellecidos e licores de herbas e de café-.
O Galician Wines 2015 conta hoxe na Casa cos mellores e máis prestixiosos sumilleres, hostaleiros, distribuidores, importadores e exportadores de Madrid, así como xornalistas especializados, algo que coñecen os organizadores de antemán xa que para asistir é necesaria a inscrición previa e o fixeron máis de dous centenares de profesionais do sector.
Máis información en http://www.servino.net/
Departamento: Prensa