Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolle hoxe a xornada "Galician Wines 2015" coa cata "túnel de viños e destilados" e a presentación da Guía de Luis Paadín de 2015

A nova edición da guía recolle máis de 1.400 referencias e ofrece 535 fichas de cata
Madrid, 21 de xaneiro de 2015

A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolle hoxe, por terceiro ano consecutivo, unha xornada dedicada ao viño organizada por Foro da Enogastronomía e do Turismo de Galicia FETGa, ServinoConsulting editores e consultores de Viño e Gastronomía en colaboración coa Asociación Madrileña de Sumilleres.

Pouco despois de mediodía realizouse a presentación da "Guía de Vinos, destilados y bodegas de Galicia, 2015" dirixida por Luis Paadín, e na que interviñeron tamén o presidente da Asociación Madrileña de Sumilleres (AMS), Javier Gila; e a presidenta da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Viño (AEPEV), Isabel Mijares.

O acto estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega quen sinalou que "con esta terceira presentación, na Casa de Galicia, a cita, en Madrid, dos viños galegos de calidade vaise consolidando como un dos eventos máis atractivos para o sector vitivinícola galego". Pola súa banda Paadín, Máster en Vitivinicultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo onde é docente, destacou que "Galicia produce viños novos, frescos e afrutados, pero tamén viños maduros, frescos e profundos. Na guía, -que non leva publicidade e faise grazas aos micromecenados-, están todos. Os mellores, curiosamente son anteriores ao 2013, o que desmonta a teoría de que os viños galegos deben consumirse novos". Esta terceira edición recolle máis de 1.400 referencias -a case totalidade das amparadas polos Consellos Reguladores- e ofrece 535 fichas de cata.

A xornada, realizada exclusivamente para profesionais e medios especializados, inclúe tamén a cata "Túnel de viños e destilados" coas 100 mellores referencias galegas (75 viños e 25 destilados), en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas. Os viños, -brancos e tintos- na Sala A; e na B a cata dos destilados, -augardentes brancas, envellecidos e licores de herbas e de café-.

O Galician Wines 2015 conta hoxe na Casa cos mellores e máis prestixiosos sumilleres, hostaleiros, distribuidores, importadores e exportadores de Madrid, así como xornalistas especializados, algo que coñecen os organizadores de antemán xa que para asistir é necesaria a inscrición previa e o fixeron máis de dous centenares de profesionais do sector.

Máis información en http://www.servino.net/

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes