Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA, celebra na Casa unha xornada económica especialmente dirigida a PEMES culturais

O acto, que se iniciou ás 9:30 e rematou ás 13:00 horas, está financiado polo Mº de Cultura
Madrid, 12 de marzo de 2014.-

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia acolleu esta mañá a "Xornada económica sobre Negocio Angels no ámbito das industrias culturais e creativas", un proxecto, financiado polo Ministerio de Cultura, especialmente dirixido as PEME. O acto, que se desenvolveu dende 09.30 ata as 13.00 horas, está dentro da programación realizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) para socios e profesionais do sector.

O delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, recibiu aos integrantes de AEGAMA e transmitiulles o seu apoio e o da Xunta. "Todo o que estea na nosa man, xa sabes que esta é a vosa Casa". "Moitas grazas, José Ramón, xa sabes que este tipo de cousas podémolas facer grazas a que sempre contamos convosco", díxolle Pepe Cerdeira, xerente da Asociación.

A conferencia correu a cargo de Carlos Esteban, consultor de proxectos de IBISCOnet, empresa que pertence a AEGARE (Asociación de Empresarios Galegos na Ribeira do Ebro) e que colabora estreitamente con AEGAMA. O obxectivo era "A posta en marcha dunha rede suprarrexional de Negocio Angels, con investidores ou mecenas en Galicia, Madrid, Aragón e outras comunidaes autónomas, específica para proxectos de emprendemento das industrias culturais e creativas". Coa pretensión de dinamizar o emprendimiento e o investimento no sector cultural, mediante a posta en marcha de actividades diferentes e, ao mesmo tempo, complementarias, coas que informar e captar emprendedores e investidores.

O proxecto está financiado polo Ministerio de Cultura e ten un interese xeral xa que as formulacións tratadas son perfectamente aplicables a outras moitas actividades empresariais, e está especialmente dirixido as PEME.

En Aegama, explican que organizan este evento, sobre a base de "a experiencia acumulada pola nosa Asociación na xestión de proxectos e o obxectivo é a constitución desa Rede de Negocio Angels".
"Queremos dinamizar o emprendemento e o investimento no sector cultural, mediante a posta en marcha de actividades diferentes e, ao mesmo tempo, complementarias, coas que se pretende informar e captar emprendedores e investidores".

Non en van, como explicaba intercambiando información no receso a directora de R-integra, Raquel Aranda "As industrias culturais en España son moi rendibles e supoñen o 4% do PIB, que é unha porcentaxe enorme. Por exemplo o turismo cultural, que trae cada ano a millóns de persoas, que ademais teñen un alto poder adquisitivo".

Na conferencia tamén trataron os seguintes puntos:

*Difundir o concepto de Negocio Angels como un bo recurso para cubrir o baleiro existente no financiamento de proxectos empresariais das Industrias Culturais e Creativas.

*Promover o investimento por parte dos Negocios Angels.

*Apoyar a todos aqueles colectivos que traballan neste campo e conseguir o financiamento de proxectos no sector das Industrias Culturais e Creativas.

*Características dos Negocios Angels

*As redes de Negocio Angels

*O sector cultural e de entretemento en España

*Os Negocio Angels Culturales

*O proceso de financiamento

*Casos de éxito

Máis información: gerente@aegama.com

Imaxes cedidas por Arturo José González

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes