Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

As instalacións da Xunta en Madrid acolleron hoxe a xornada de traballo do equipo Novedar-Consolider con directivos de empresas de tratamento de augas

Madrid, 14 de marzo de 2013.-

Durante o día de hoxe, dende a mañá ata ben entrada a tarde, a Sala L da Casa de Galicia acolleu a reunión que o equipo Novedar-Consolider tivo con directivos das empresas de tratamentos de augas máis importantes deste momento (Aqualia, Abengoa Water, Acciona, Aqualogy, OHL/Inima, Isolux Corsan, Drace). O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega deulles a benvida, "porque é unha directriz da Xunta e do seu presidente, apoiar a investigación, a universidade, as empresas... Teñen vostedes as portas abertas". 

 

Pola súa banda, Juan M. Lema, da Universidade de Santiago, agradeceulle "a hospitalidade coa que sempre nos reciben".

O equipo NOVEDAR_Consolider está integrado por 11 grupos de investigación, dos cales, 9 son españois, e dous centros de Holanda, cunha experiencia particular en áreas de investigación complementarias. "O intercambio de coñecementos e tecnoloxías entre grupos de investigación é fundamental para alcanzar a excelencia científica nos temas tratados".

A sesión desenvolveuse segundo a orde prevista, con dúas breves pausas para o almorzo e o xantar. Tras as presentacións dos asistentes, os membros de Novedar expuxeron os resultados do proxecto, cunha sesión debate, e para rematar cunha serie de conclusións claras sobre as que seguir traballando, en próximas reunións, tamén con responsables de confederacións e axencias de auga.

Na reunión avaliaron "cales son os principais colos de botella na aplicación da innovación no tratamento de augas residuais. Por que en España, habendo moi bos equipos de investigación traballando na área, recoñecidos a nivel internacional polos resultados alcanzados, non logramos ser pioneiros na aplicación destes? A pesar do avance extraordinario de moitas empresas na súa aposta pola innovación e a internacionalización, os tempos de implantación de novas tecnoloxías seguen sendo demasiado longos en comparación con outros países do Norte e Centro de Europa".

Neste sentido houbo "moitas respostas e unha responsabilidade compartida entre diferentes axentes", pero o obxectivo segue sendo "encontrar a fórmula que permita mellorar a transferencia dos resultados da I+D centrada nas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do sector,".

O proxecto NOVEDAR_Consolider iniciouse en novembro de 2007 co obxectivo de desenvolver a Planta de Tratamento de Augas Residuais (STP) do século XXI. Os tres retos principais do proxecto son mellorar a auga e a recuperación do produto durante o tratamento de augas residuais, minimizando os requisitos de enerxía e custos de operación das plantas a grande escala e reducir a produción de lamas.

Máis información, no web do proxecto NOVEDAR_Consolider

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes