Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A UNEFA celebra na Casa de Galicia en Madrid unhas Xornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias (EFA)

Entre eles encóntranse os da Federación EFA Galicia
Madrid, 5 de febreiro de 2015

A Unión de Escolas Familiares Agrarias (UNEFA) celebra na Casa de Galicia en Madrid unhas Xornadas de Directivos da Escolas Familiares Agrarias españolas que teñen por obxectivo a preparación e formación dos próximos directivos dos 26 centros das Escolas Familiares Agrarias (EFA), entre os que se encontran os da Federación EFA Galicia, participada por tres centros educativos. Nelas abórdanse entre outros contidos: sostibilidade, comunicación, mercadotecnia, promoción, protección de menores, goberno dun centro educativo, comunidades de aprendizaxe e vinculación á institución.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, deu a benvida aos participantes acompañado polo presidente de UNEFA, Javier Prado, o director de formación de UNEFA, Pedro Joaquín García Campillo, o presidente da Federación EFA Galicia e o seu secretario xeral, Gabriel Tirapu e Enrique Rodríguez Rendo, respectivamente.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes