Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Canaletto, Pissarro e Crosz, na quinta sesión do ciclo "Obras Mestras da pintura do s. XV ao s.XX", de Diego Diz

O profesor analizou obras dos tres autores con temática urbana
Madrid, 23 de septembro de 2015.

Canaletto, Pissarro e George Crosz foron hoxe os protagonistas da quinta sesión do ciclo de clases-conferencias “Obras mestras da pintura do século XV ao século XX”, titulada “Visións da cidade”. Ciclo que ao longo do ano está a impartir na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o profesor de arte Diego Diz, que foi presentado pola responsable de Prensa da Casa María Luisa Clemente, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

Nesta quinta sesión, dedicada á temática urbana, Diz analizou e comparou os cadros “Visión da Praza de San Marcos” (1723), un das destacadas paisaxes urbanas de Canaletto, “Mañá de inverno no boulevard Montmatre” (1897), do impresionista Pissarro, e “Suicidio nunha rúa” (1916), do expresionista George Grosz.

No ciclo, composto por seis sesións de periodicidade bimestral, o profesor abordou o tratamento en pintura do autorretrato, a figura de Cristo, a muller, a paisaxe e a cidade. A sexta sesión, que terá lugar no mes de novembro, versará sobre o bodegón.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes