Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Rueda asiste ao momeamento de Pascual Sala como Membro de Honor da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid

Ónega destacou o Dereito como el instrumento que pode axudar a paliar a crise actual
Madrid, 13 de maio de 2013.

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde no acto de imposición da Insignia de Ouro da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) ao presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala.

Rueda destacou a traxectoria profesional de Sala, que o ten levado a presidir institucións de gran calado na sociedade como o Tribunal de Contas, o Tribunal Supremo e o Consello Xeral do Poder Xudicial, antes de ser nomeado en 2011 titular do Tribunal Constitucional.

Así mesmo, explicou que, a pesares de ser valenciano, a relación de Sala con Galicia é moi fonda, como demostra a súa presenza habitual nas Xornadas Xurídicas de Sarria (Lugo). Precisamente, anunciou que a finais deste mes celebrarase a sétima edición deste evento, cuxa inauguración recaerá nas mans do presidente do Tribunal Constitucional.

O acto celebrouse na Casa de Galicia en Madrid e tivo como anfitrión ao seu director, José Ramón Ónega, que expresou o gran papel que fan asociacións como Iurisgama nun momento histórico como o presente, especialmente tendo en conta que “o dereito, como substrato imprescindible da organización social, é, sen dúbida, o instrumento que pode axudar a paliar a crise que vive a sociedade internacional e, en particular, a nosa”.

Ademais do Presidente do Consello de Estado, o Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e Presidente do T.S; e o vicepresidente da Xunta; asistiron: Maxistrados do Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunal Superior de Xustiza, Maxistrados, Xuíces, Fiscais e Secretarios Xudiciais; Parlamentarios e autoridades da Administración Xeral do Estado, Autonómica e Local; sen esquecer o Presidente do Consello Xeral da Avogacía Española; o Presidente do Consello Xeral de Procuradores; a Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, Avogados do Estado, Avogados, Procuradores dos Tribunais, Rexistradores da Propiedade e Mercantís, Notarios, Catedráticos, Letrados, Profesores e diversas autoridades do ámbito xudicial.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes