Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

"Panorámica no tempo", unha mostra da dilatada traxectoria do escultor Santiago de Santiago na Casa de Galicia en Madrid

A exposición, que pode verse ata o próximo día 31, ocupa dúas salas da Casa
02/03/2011

O recoñecido escultor Santiago de Santiago presentou esta tarde na Casa de Galicia de Madrid a exposición "Panorámica no tempo", unha mostra da súa dilatada traxectoria artística composta por máis dunha trintena de pezas en bronce, pedra volcánica e fibra de vidro sobre temas variados e entre as que se achan un busto da Raíña Dona Sofía e outro de Don Juan de Borbón. A exposición ocupa dúas das salas da Casa e pode verse ata o próximo día 31.

Madrid, 2 de marzo de 2011. O recoñecido escultor Santiago de Santiago presentou esta tarde na Casa de Galicia de Madrid a exposición "Panorámica no tempo", unha mostra da súa dilatada traxectoria artística composta por máis dunha trintena de pezas en bronce, pedra volcánica e fibra de vidro sobre temas variados e entre as que se achan un busto da Raíña Dona Sofía e outro de Don Juan de Borbón. A exposición ocupa dúas das salas da Casa e pode verse ata o próximo día 31.

O artista tivo palabras de agradecemento para os presentes e deixou claro que "os meus discursos os deixo gravados nas pedras". Estivo acompañado no acto polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e anfitrión do acto, José Ramón Ónega, e a profesora e xornalista Olga Pérez Arroyo, encargada de presentar o artista. Entre os numerosos asistentes que se achaban na inauguración da exposición estaban o embaixador de Xapón, Fumiaki Takahashi, o primeiro secretario do Departamento Cultural da Embaixada de China, Luo Jum, o presidente do Grupo Delvesa, Armando Veiga, o dirixente da Orde da Vieira Carlos de Blas e o xornalista Elías Rodríguez. Con antelación á inauguración a exposición foi visitada polo ex presidente de Galicia e senador Manuel Fraga.

Ónega mantivo que, "sen esaxerar, Santiago de Santiago é un xenio da arte" e gabou o seu "traballo titánico, inmenso" e a súa obra "inspirada, pletórica de paixón e sentimento, que parece que che posúe a creación do mundo, a perfección estética ao contemplala; conquístache a paz, namórante os corpos nus, a súa dinámica, a poesía que encerran". Para o delegado da Xunta en Madrid, De Santiago "crea un mundo de beleza suprema", "de formas exquisitas".

Explicou que De Santiago ten obras de tamaño moi diverso, moitas delas de volumes moi grandes que non tiñan cabida nas instalacións da Casa, onde se trouxeron sobre todo obras de tamaño medio e tamén pequenas, así como que a realización desta exposición foi inspiración de Carlos de Blas.

Olga Pérez Arroyo valorou que De Santiago "é quizais o escultor máis importante do noso país nos dous últimos séculos, xunto con Benlliure, recordou que existe obra súa nos museos máis importantes do mundo así como ao aire libre en numerosos países, entre eles Xapón, China e España, algunhas delas en Galicia, e opinou que é o único que traballa na actualidade da forma na que o fai el, "sacando o nu, puntito a puntito, da pedra,". Falou así mesmo á súa magnitude humana, difiniéndole como "home tímido, cabal, serio, que puido conquistar o mundo pola súa forma de ser e de estar" e que "todos os días se levanta e xoga a facer esculturas".

Fixo referencia ademais a outra das súas facetas: as súas poesías, algunhas das cales acompañan ás súas obras no catálogo da exposición. Pérez Arroyo tamén deixou escrito no catálogo que "Santiago de Santiago é sentimento, é poesía e Deus o puxo as súas mans para recrear a beleza que Él nos deu" e "é o escultor vivo máis completo e coherente que existe no mundo".

Vinculación con Galicia

Santiago de Santiago, natural de Ávila e residente en Madrid, sempre demostrou especial predilección por Galicia. Dende hai varios anos vén colaborando con colectivos galegos en Madrid. No ano 1981 deseñou, de forma altruísta, o trofeo "Lembranza e Amistade", realizado en bronce para o concurso internacional Vieira de Humor; importantes humoristas de Galicia recibiron este trofeo e todo iso quedou recollido no libro "Galicia e a Cultura do Humor", prologado polo xornalista Fernando Ónega.

En 1982 foi recibido como Ilustre Cabaleiro da Enxebre Orde dá Vieira, polo seu prestixio e desinterasada colaboración. Cando se inaugurou a Casa de Galicia en Madrid, para prestigiar a súa sala de exposicións, unha das pioneiras foi a obra deste escultor.

En 1977 realizou o Monumento Bimilenario Cidade de Lugo, situado nesa localidade, e en 1999 realizou o Monumento ao Cabaleiro Templario Peregrino, que se sitúa na entrada a Santiago polo Camiño Francés, nas proximidades do Pazo de Congresos.

Entre as numerosas distincións que recibiu, que están no museo privado do escultor, hai unha vieira de prata sobre pedestal outorgada pola Televisión de Galicia.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes