Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Quince artistas vinculados ao Camiño Portugués unen as súas obras na exposición "Camiños", na Casa de Galicia en Madrid

A mostra, que se exhibe ata o día 31, está composta por destacados pintores
03/03/2011

Un total de quince artistas -catorce pintores e un fotógrafo- vinculados ao Camiño de Santiago Portugués unen as súas obras nunha exposición colectiva, "Camiños", que se exhibe ata o próximo 31 de marzo na Casa de Galicia en Madrid. Na inauguración da exposición, hoxe, interviñeron, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores, e o eurodeputado e presidente do Intergrupo Camiños de Santiago do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, que estiveron acompañados por unha nutrida representación dos artistas que participan na exposición.

Madrid, 3 de marzo de 2011. Un total de quince artistas -catorce pintores e un fotógrafo- vinculados ao Camiño de Santiago Portugués unen as súas obras nunha exposición colectiva, "Camiños", que se exhibe ata o próximo 31 de marzo na Casa de Galicia en Madrid. Os recoñecidos artistas desta colectiva son José María Barreiro, Arturo Cifuentes, Jaime F. Falcón, Eduardo Dios, Alejandro Paisa, Antón Sobral, Rafael Úbeda, Amelia Vázquez-Palacios, Alex Vázquez-Palacios, Antón Goyanes, Antonio Quesada Porto, Enrique Touriño, Manuel Aramburu, Mario Rocha e Puri del Palacio, todos eles vinculados co Camiño de Santiago, especialmente co Portugués, pois son naturais de Portugal, Vigo e Pontevedra e moitos deles expuxeron xa, de forma individual, na Casa.

Na inauguración da exposición, hoxe, interviñeron, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores, e o eurodeputado e presidente do Intergrupo Camiños de Santiago do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, que estiveron acompañados por unha nutrida representación dos artistas que participan na exposición.

Ónega valorou que "´Camiños ´ é un título suxestivo, sugeridor, evocador, que resume un proxecto artístico pero tamén humano" e recordou que Ramón Rozas di no folleto de presentación da exposición que "o Camiño Portugués a Compostela se converte en todos os camiños, nas vereas que conducen a un milagre e ese milagre só a arte o pode volver tanxible". "É unha pintura bela e creativa, diversa, multiformal, como a vida", dixo sobre as obras da mostra.

Lores explicou que esta exposición é unha mostra doutra máis ampla que se inaguró o pasado mes de decembro en Pontevedra como colofón ao Xacobeo 2010 e que xa visitou Portugal. "Son aspectos do Camiño vistos dende a peculiaridade da interpretación cada un dos artistas", comentou das obras, destacando que "estes pintores son nada menos que a elite de Pontevedra e de Galicia e un referente para a pintura galega, grandes mestres".

Millán pechou o acto explicando que os Camiños que conducen a Santiago de Compostela constitúen unha malla moi extensa en Europa e que un dos máis importantes é o chamado Portugués porque estivo sempre vivo mentres outros viviron períodos históricos nos que estiveron cortados por contendas bélicas.

Do Portugués tamén dixo que foi ilustrado por importantes escritores italianos, que "foi un Camiño notable, moi leal á causa," que mantivo a súa vitalidade durante o Xacobeo 2010. Observou así mesmo que os Camiños non serviron só para a peregrinación senón que a arte e a cultura tamén transitaron por eles.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes