Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O pintor Gil Cerracín expón na Casa de Galicia unha selección de obras baixo o título xenérico de "Estampas de Galicia"

A mostra inclúe cadros realizados con diferentes técnicas
06/04/2011

Na Sala B da delegación da Xunta en Madrid, e ata o 29 deste mes, a Casa acolle unha selección de obras do pintor e arquitecto técnico, Rafael Gil Cerracín que leva por título, "Estampas de Galicia", xa que son precisamente, as paisaxes, recantos de cidades e lugares galegos os que protagonizan as súas obras. Obras, por outra parte, realizadas coas máis diversas técnicas: óleo, acuarela, técnicas mixtas, fotografía, debuxo a pluma, gravado e programas de ordenador, disciplina da que é docente.

Madrid, 6 de abril de 2011. Na Sala B da delegación da Xunta en Madrid, e ata o 29 deste mes, a Casa acolle unha selección de obras do pintor e arquitecto técnico, Rafael Gil Cerracín que leva por título, "Estampas de Galicia", xa que son precisamente, as paisaxes, recantos de cidades e lugares galegos os que protagonizan as súas obras. Obras, por outra parte, realizadas coas máis diversas técnicas: óleo, acuarela, técnicas mixtas, fotografía, debuxo a pluma, gravado e programas de ordenador, disciplina da que é docente.

O coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez destacou "o afecto a Galicia que destilan as imaxes da mostra" e seguidamente deu paso ao presentador do artista, Eusebio Lillo. Para Lillo, que citou diferentes autores, "o noso amor pola paisaxe hoxe en día, é un amor pre-ocupado. Parece que avanzamos pouco... quizais nunca antes a sociedade foi tan á présa para non ir a ningunha parte". Tamén engadiu: "nesta exposición, Rafael invítanos e trasládanos a Galicia. A súas obras son como ventás que nos permiten contemplar e recrearnos na meditación e o silencio que nos brindan".

Pola súa banda, Gil Cerracín, tras destacar "a hospitalidade da Casa" quixo compartir cos asistentes ao acto de inauguración "a miña forma de representar esta querida terra", centrándose especialmente nas súas vivencias persoais como "a experiencia do Xacobeo, 100 quilómetros do Camiño Francés que o ano pasado fixen coa miña filla Inma,".

A exposición está composta por 25 cadros, entre os que non faltan cruceiros, hórreos, elementos da arquitectura popular, pazos, prazas, xardíns, praias, etc.

Escribe o realizador de televisión e amigo persoal do artista, Armando Leal, no catálogo: "Con perfís e liñas duras, e cores saturadas, o conxunto destas estampas debuxa os lugares, tan queridos polo pobo galego, de construción e conformación da súa propia identidade e tradición".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes