Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Obras de Tiziano e Velázquez foron obxecto de estudo na sexta sesión do Ciclo de Clases-Conferencias "O espertar da mirada"

Ofrecida polo profesor Diego Diz co título "Achegamento á pintura mitolóxica"
08/06/2011

A obra dos pintores Tiziano e Velázquez centraron hoxe a sexta e penúltima sesión do Ciclo de clases-conferencias "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", que desenvolve na Casa de Galicia en Madrid o profesor de arte e director de cine Diego Diz.

Madrid, 8 de xuño de 2011. A obra dos pintores Tiziano e Velázquez centraron hoxe a sexta e penúltima sesión do Ciclo de clases-conferencias "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", que desenvolve na Casa de Galicia en Madrid o profesor de arte e director de cine Diego Diz.

Co título de "Achegamento á pintura mitolóxica", Diz analizou e comparou nesta ocasión obras de Tiziano e de Velázquez: "A bacanal", "Os borrachos" e "A fragua de Vulcano". Novamente o conferenciante fixouse no espazo, a luz, a cor, a composición e o debuxo nos cadros estudados.

Os cadros seleccionados por Diz para este ciclo están todos nos museos de Madrid, de forma que os asistentes ás clases-conferencias, que se ofrecen sobre imaxes proxectadas das pinturas, poidan constatar as explicacións do profesor ante a obra orixinal.

O conferenciante foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen situou a figura de Tiziano como pintor italiano do Renacemento, un dos máis versátiles pintores italianos e un dos maiores expoñentes da escola veneciana, e a de Velázquez, como o máximo representante da pintura barroca española.
 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes