Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Alfonso Philippot: "Colón e Pedro Madruga son a mesma persoa"

O capitán de Mariña Mercante, Historiador e Investigador defendeu na delegación da Xunta en Madrid a orixe galega do famoso Navegante con documentos e datos
15/03/2011

O capitán de Mariña Mercante, Historiador e Investigador vigués, Alfonso Philippot pronunciou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "A identidade de Cristóbal Colón". Nela concluíu, que, despois de máis de corenta anos de investigacións as pezas do puzzle encaixan e posúe documentos e datos para asegurar categoricamente que "Cristóbal Colón e Pedro Madruga eran a mesma persoa".

Madrid, 15 de marzo de 2011. - O capitán de Mariña Mercante, Historiador e Investigador vigués, Alfonso Philippot pronunciou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "A identidade de Cristóbal Colón". Nela concluíu, que, despois de máis de corenta anos de investigacións as pezas do puzzle encaixan e posúe documentos e datos para asegurar categoricamente que "Cristóbal Colón e Pedro Madruga eran a mesma persoa".

"Alfonso Philippot Abeledo, de pai italiano e nai galega, é un experto da chamada Ruta de Colón", dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega na presentación do acto, ao que asistiron preto dun centenar de persoas. Ademais, o relator é autor dun denso libro sobre o tema, de case 800 páxinas que inclúe máis de 200 fotografías e documentos a maioría inéditos, planos e 110 árbores xenealóxicas, do que xa saíu a 5ª edición.

O conferenciante empezou a traballar sobre a hipótese de que Colón era galego seguindo os documentos que achegou don Casto Sampedro, fundador e presidente da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, a finais do século XIX. Analizou os principais personaxes de apelido Colón que figuraban como veciños daquela cidade, a partir de 1428, e probablemente de orixe italiana, e deles destacou a Bartolomé de Colón, pertencente ao Gremio de San Juan Bautista, que representaba os carpinteiros de ribeira; pai de Domingo de Colón, o Vello, e de María e Branca de Colón; casadas, respectivamente, con Juan de Viana e Alfonso Gonçálves de Soutelo.

"A xenealoxía da familia está moi vinculada ao comercio marítimo. Bartolomé de Colón era vicario do devandito Gremio, cargo que adoitaba asignarse aos máis veteranos, razón pola cal supoñemos que debeu afincarse nesta provincia a finais do século XIV,".

Segundo o orador, "hai moitos documentos que o aseguran, entre eles o datado o 14 de outubro de 1496 no que figura un terreo situado en Pontevedra, herdanza de Xhristobo Pero (Cristóbal Pedro) de Colon; nome representado coa abreviatura XPº".

O razoamento de Philippot baséase tamén na seguridade de que Colón non podía pertencer a unha familia humilde, dado que era moi ilustrado e ademais entre as súas amizades estaban as personalidades máis relevantes e as familias máis destacadas de Portugal, Galicia e Castela. Despois de analizar as árbores xenealóxicas das máis grandes, todo apuntaba nunha dirección: Cristóbal Pedro Colón de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga. "Era o fillo ilexitimo do señor Soutomaior e a galega Constanza Colón, que foi prohijado unha vez que a barragana casou con Juan de Rivero, algo común na época, coa intención de que fixese carreira no clero". Ao parecer, as intencións do pai chocaron coa falta de vocación do fillo, máis aventureira, e fíxose navegante, nas propias naves do seu proxenitor.

Outro episodio "de Pedro Madruga, cuxa historia daría para moitos libros, é que salvou nunha contenda ao Rei de Portugal, o que lle levou ao exilio no país veciño e ao cambio de nome para evitar o cárcere no propio, pois os Reis Católicos colocaran vixilantes en todos os lugares para capturar os rebeldes. As pezas encaixan perfectamente".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes