Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia continua ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais"

Na sesión de hoxe o profesor de Arte e director de Cine, Diego Diz analizou cadros de Degas, Dix e Chagall
23/03/2011

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, segue ofrecendo as clases-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais", ofrecidas polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen nesta xornada analizou cadros de Degás, Dix e Chagall. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka.

Madrid, 23 de marzo de 2011. - A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, segue ofrecendo as clases-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais", ofrecidas polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen nesta xornada analizou cadros de Degás, Dix e Chagall. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka

O Coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez comentou na presentación da cuarta sesión, titulada Homes e Animais: Nela, o noso convidado procederá, como en anteriores ocasións, ao estudo das obras de varios artistas, que comparará, ademais, entre si. Os correspondentes á clase-conferencia de hoxe son: Edgar Degas, grande observador do ser humano, en cuxas innovadoras composicións e maxistrais debuxos reproduciu con perspicacia e obxectividade o movemento; Otto Dix, pintor e gravador alemán, destacado representante do realismo social en Alemaña tras a I Guerra Mundial e líder do movemento Nova Obxectividade; e Marc Chagall, pintor e deseñador francés de orixe rusa coñecida pola súa inventiva surrealista, cuxos traballos, impregnados de humor e fantasía encontran a súa resonancia no subsconsciente.

Diz centrou a súa clase en Carreiras de Cabalos, pintado por Degas en 1894; Hugo Erfurth con can, de Otto Dix, realizado en 1926 e tamén no cadro de Chagall que data de 1926 e cuxo título é El galo.

Este segundo ciclo consta de sete clases-conferencias en total, que o relator ofrecerá nos próximos meses, cunha periodicidade mensual aproximadamente. Nelas tratará grandes obras mestras da pintura occidental con temas como as "paisaxes", "A cidade", "O mar", "Parellas" e de "Homes e animais", realizados polos máis famosos artistas da historia da pintura. Na sesión de hoxe o profesor de Arte e director de Cine, Diego Diz analizou cadros de Degás, Dix e Chagall.

Diego Diz é licenciado en Xeografía e Historia, coa especialidade en arte, pola Universidade Complutense de Madrid, e que a partir de aí realizou distintos cursos en España e no estranxeiro de Historia da Arte e do Cine, así como un máster de Historia da Arte na Universidade de Londres. Tamén foi e é profesor de Historia da Arte en distintos centros, asociacións e fundacións, o que lle outorga unha experiencia profesional indiscutible na arte, tamén, da comunicación dos coñecementos da súa especialidade. Así mesmo, no campo do cine, creou a produtora Diego Diz Rodríguez. Entre outras realizacións, figuran numerosas pezas de vÍdeo para o Centro de Estudos Garrigues e o Centro de Arte Gradiva, así como dirección, montaxe e produción da longametraxe "O tránsito".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes