Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A delegación galega acolleu a "Lor Emsemble" aproveitando o seu paso por España e a amizade que une aos seus representantes

A Casa ofreceu, por primeira vez, un concerto de música tradicional curda coincidindo coa celebración do Ano Novo na rexión
24/03/2011

Case duascentas persoas acudiron a gozar dun espectáculo moi pouco habitual en Madrid.
A formación musical naceu hai só dous anos no Kurdistán Irakí.
Coincidindo co Ano Novo curdo o grupo realiza unha xira por España para dar a coñecer a súa música e a súa arte.
A delegación da Xunta en Madrid brindou a Casa para que "Lor Ensamble" puidese ofrecer unha pequena mostra do seu rico e amplo repertorio.

Madrid, 24 de marzo de 2011.  "Despois da amizade entre as persoas, está a amizade entre os pobos", dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López na presentación do acto, no que tamén interveu Daban Shadala, representante do Goberno Rexional do Kurdistán. Shadala expresou o seu agradecemento pola "cálida acollida dispensada nesta Casa así como polas mostras de sincera amizade coa que aquí nos honran. Son grandes amigos". Ónega comentou tamén que "cada un mostra o que é nos amigos que ten e esta é unha boa proba diso".

Preto de duascentas persoas acudiron á Casa para descubrir e gozar a música de "The Lor Joint Center Music Group", máis coñecido polo seu nome curto "LOR ENSEMBLE". A formación naceu hai só un par de anos na cidade de Sulaymaniah, no Kurdistán iraquí. O Ano Novo curdo, que se celebra o 21 de marzo, foi a perfecta escusa para realizar esta xira por España, na que, afortunadamente púidose incorporar a Casa. "LOR ENSEMBLE" ofreceu unha pequena mostra do amplo e rico repertorio da música tradicional en diferentes dialectos, Lori, Sorani, Kurmanji e Hawrami que son propios de Iraq e Irán.

Aínda que o grupo o integran oito persoas, na xira só participaron os seis homes, xa que as dúas intérpretes femininas non puideron conseguir o visado para realizar a viaxe porque o seu lugar de orixe pertence a Irán. Na Casa estiveron: Nizar Fatah que toca o Tar; Karwan Mahmoud, toca o Nay e ademais é vocal; Kosar Fatah, o Santur; Aram Mahmoud el Barbat; Ibrahim Ahmad, Vogal; Mustafa Abas toca o Kamache e Yengin Yamal el Tambouk e o Daf.

Kurdistán é a rexión onde primeiro se domaron os cabalos no mundo. Os seus traxes chegaron ata a Pampa Arxentina e foron inspiración para os gauchos.Non ten acceso ao mar e está situada no occidente de Asia, ao norte de Oriente Medio e ao sur de Transcaucasia, e o seu territorio está repartido entre catro estados: o Kurdistán noroccidental, en Turquía; o Kurdistán meridional, en Iraq; o Kurdistán oriental, en Irán; e o Kurdistán sudoccidental, en Sirya, aos cales hai que engadir un pequeno enclave curdo en Armenia.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes