Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

AEGAMA celebrou esta tarde as súas Asembleas na Delegación da Xunta en Madrid

Os empresarios galegos reuníronse na Casa de Galicia en Madrid, tal como veñen facendo os últimos anos, desde que Ónega "abrise as portas ás asociacións"
Madrid, 17 de xuño de 2019.-

Un ano máis, a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria, "conforme ao establecido nos seus Estatutos", e decidiu facelo na Casa de Galicia, Delegación da Xunta na capital de España, algo que se converteu xa no establecido dado que os empresarios véñeno facendo nos últimos anos, desde que o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega "abrise as portas" ás asociacións galegas en Madrid, para as súas reunións e actividades profesionais.

A mesa presidencial da Asemblea estivo composta por Julio Lage, presidente da Asociación; Javier Saguar, vicesecretario; Gaspar de Vicente, tesoureiro; e Isabel Noriega, directora.

Tras a lectura da acta da Asemblea anterior, presentouse e ratificou a Memoria de Actividades do ano 2018, organizadas para os socios. Entre elas, citar como exemplo, a "Entrega do XII Premio Victoriano Reinoso ao empresario Amancio López Seijas"; "céa-coloquio co ministro Rafael Catalá"; a "Xornada de traballo para mellorar a cualificación profesional de xoves no ámbito comercial e máketing, con EFA Piñeiral"; o almorzo informativo "Como prepararse para o novo regulamento de protección de datos"; ou a Mesa redonda "China. Desenvolvemento e oportunidade: Visión das posiblidades e retos do xigante asiático".

Seguidamente aprobáronse as contas anuais correspondentes ao exercicio 2018 e a xestión da Xunta Directiva durante o mesmo período. Tamén se presentou e ratificou o Plan de Actuación para o ano 2019 coa aprobación do orzamento para o mesmo. Os asistentes tiveron a oportunidade de resolver dúbidas no apartado de rogos e preguntas.

Ao ser ano de eleccións, tamén se celebrou a Asemblea Xeral Extraordinaria. Presentouse unha única candidatura, que foi ratificada tras as votacións, polo que rexerá durante o próximos catro anos sendo os cargos os seguintes: Presidente, Julio Lage González; Vicepresidente primeiro, José Manuel Pérez Vázquez; Vicepresidente Segundo e Responsable Institucional, José Gabeiras Vázquez; Vogal Responsable de Novos Empresarios, Alejandro Segura de la Cal; Secretario Xeral, Francisco Javier Saguar Quer; Tesoureiro, Gaspar de Vicente González; Vicetesoureiro, pendente; Vogal responsable de formación, José Manuel Campos Rey; Vicesecretaria Xeral, Laura Rincón Álvarez; Vicepresidente Terceiro, Enrique Sánchez González; Vogal Responsable de Internacional, Fernando Rodríguez López; Vogal Responsable de Enxeñería e Consultoría, Enrique Pena Pérez; Directora, Isabel Noriega Rivero; e Vogal Adxunto á Presidencia, José Cerdeira Taboada.

O presidente agradeceu a confianza depositada na súa candidatura á Xunta Directiva e os socios manifestaron o seu, porque, "este é un traballo de equipo".

Máis información en http://www.aegama.com

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes