Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Asomega celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

A Melchor Álvarez de Mon Soto sucédelle na Presidencia Julio Ancochea Bermúdez
Madrid, 27 de abril 2016.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral anual correspondente a 2016. Nela sucedeu na Presidencia a Melchor Álvarez de Mon Soto o anterior vicepresidente primeiro Julio Ancochea Bermúdez.

A asemblea desenvolveuse segundo a orde do día previsto: leuse e aprobou o acta da asemblea anterior, escoitáronse os informes do presidente e do tesoureiro e renováronse os cargos da súa Xunta Directiva conforme ao establecido no artigo 15 dos seus Estatutos (presidente, dous vicepresidentes, tesoureiro, vicesecretario e catro vocais), escoitouse o programa do novo presidente e pechouse coa quenda de rogos e preguntas.

O novo presidente referiuse na presentación do seu programa á presenza da asociación, a súa transparencia e compromiso, á organización da nova Xunta Directiva, na que destacou a creación dun Comité Científico Externo e un Comité Estratéxico ou Asesor e ao desenvolvemento de accións como a revisión dos Estatutos, a realización dun ciclo de conferencias e a creación dunha nova páxina web.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes