Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) celebrou na Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria de 2016

Compóñen a Asemblea catro membros de cada unha das oito entidades que forman FAGAMA
Madrid, 25 de febreiro 2016.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), que preside Ovidio Cadenas, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2016, na que se revisou e aprobou o acta da anterior asemblea xeral ordinaria, as contas do exercicio 2015 e o orzamento e as actividades previstas para 2016, ademais de contar co correspondente capítulo de “Rogos e preguntas”.

A Asemblea compóñena catro membros de cada unha das oito entidades que están inscritas na Federación. Estas son: Xuntanza de Galegos en Alcobendas, Centro Gallego de Móstoles, Centro Gallego de la Sierra de Madrid, Casa Gallega de Fuenlabrada, Centro Gallego Noroeste de la Provincia de Madrid, Asociación Galega Corredor do Henares e Centro Gallego de Tres Cantos, sete centros galegos aos que se suma a Asociación de Taxistas Gallegos en Madrid.

A Xunta Directiva de Fagama, que ten potestade ata 2018, está composta polo presidente, Ovidio Cadenas Queipo (Xuntanza de Galegos en Alcobendas), o vicepresidente, Manuel Romay Graña (Centro Gallego de la Serra de Madrid), o secretario, Fernando Gómez Rodríguez (Xuntanza de Galegos en Alcobendas), o vicesecretario, José Lolo García (Centro Gallego de Tres Cantos), o tesoureiro, Elías López Gago (Centro Gallego de Móstoles), o vicetesorero, Francisco Rodríguez Santiago (Centro Gallego de Móstoles), e os vogais Pilar López Noite (Centro Gallego del Noroeste de la Provincia de Madrid), Ricardo Pizarro Torres (Asociación Galega Corredor do Henares) e José Díaz Muiña (Asociación de Taxistas Gallegos en Madrid).

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes