A Xunta Directiva de Asomega reuniuse na Casa de Galicia

Os máximos dirixentes da Asociación de Médicos Galegos en Madrid trataron os temas máis relevantes no último encontro do ano
Madrid, 20 de novembro de 2017

A Sala L da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a reunión da Xunta Directiva da Asociación de Médicos Galegos en Madrid, (ASOMEGA), na que trataron os temas máis relevantes que figuraban na súa orde do día. En principio, este será o último encontro da JD para este ano 2017.

Entre os asuntos que estudaron estaba o dos patrocinadores, para o que queda de exercicio e pensando xa no seguinte; o ciclo de conferencias que xa teñen en marcha pero está previsto que teña continuidade nos próximos meses; e tamén a entrega da Insignia de Ouro, outorgada ao Dr. Miguel Carrero, presidente de PSN.

Tamén trataron un avance da programación do próximo ano 2018 sobre o que xa están a traballar.

A reunión na Casa de Galicia, que durou máis de dúas horas, (de 19:00 a 21:30), contou coa asistencia de: Aniceto Luís Charro, presidente de honra; Raquel Alcalde, xerente; Inmaculada Ramos, vicepresidenta; Julio Ancochea, presidente; María Eugenia Blanco Cachafeiro, vocal; Xulia Buxán Varela, vicepresidenta; José Antonio Gegúndez, vocal; Julián García Feijóo, vicesecretario; e Adolfo de la Fuente, secretario.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes