Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

As bandeiras a media hasta na Delegación da Xunta/Casa de Galicia en homenaxe ás vítimas do COVID-19

Goberno galego decreta loito oficial na Comunidade durante o mes de maio
Madrid, 1 de maio de 2020.

O Goberno de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, decretou loito oficial na Comunidade galega durante todo o mes de maio en homenaxe ás vítimas falecidas polo coronavirus COVID-19 e as súas familias.

O Goberno galego considera que finalizada a fase aguda da crise sanitaria é o momento de recoñecer as súas vítimas. En homenaxe a elas, na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ondean as bandeiras a media hasta.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes