Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A muller na pintura, obxeto da terceira sesión do ciclo "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX"

Diego Diz analizou obras de Campin, Palma o Vello e Jawlenski
Madrid, 20 de maio de 2015.

O ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao XX" que imparte na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o profesor de Arte Diego Diz chegou hoxe á súa terceira sesión na que baixo o título de "O universo feminino, tres visións da muller", Diz comparou obras dos autores Roger Campin, Palma o Vello e Jawlenski. En concreto, analizou os cadros "Santa Bárbara" (1435) de Campin; "Retrato dunha muller nova", chamada "A bela" (1518) de Palma o Vello; e "O veo vermello" (1912), de Jawlenski.

En representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o conferenciante foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen se referiu á temática desta sesión e adiantou que a próxima, "A propósito da paisaxe: estudo de ´A noite estrelada´ de Van Gogh, 1889" "tratará dos dominios da noite e o anhelo absoluto".

O ciclo "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX".está composto de seis sesións e ten periodicidade bimestral. As anteriores estiveron dedicadas ao autorretrato, na que o profesor centrou a súa exposición nos autorretratos dos pintores Tiziano, Tintoretto e Goya, e a relación entre a pintura e a relixión e o tratamento pictórico da figura de Cristo, temática para a que Diz instruíu sobre as obras de Antonello de Messina "Cristo acompañado dun anxo", de 1475, de El Greco "A crucifixión", de 1600, e de Velázquez "Cristo na cruz", de 1635.

A paisaxe, visións da cidade e o bodegón son as temáticas que ten previsto abordar Diz nas próximas sesións.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes