Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O profesor de Arte Diego Diz inicia o ciclo de conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX"

De periodicidade bimestral e composto de seis sesións, impartirase ao longo deste ano
Madrid, 28 de xaneiro de 2015

O profesor de Arte Diego Diz iniciou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX". Abriuno a conferencia "A arte do autorretrato", na que o profesor centrou a súa exposición nos autorretratos dos pintores Tiziano, Tintoretto e Goya, analizando e comparando os seus estilos.

En nome do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, presentou o ciclo e esta primeira sesión o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen anunciou que no ciclo Diz "irá comparando obras de pintores modernos, como Picasso, Dalí, Chagall ou Giacometti, con obras de pintores tradicionais como Velázquez, Rembrandt, Goya ou Rafael". "Algo similar fixo nas clases-conferencias que impartiu noutros ciclos que ofreceu nesta Casa" fai xa uns anos, recordou.

O ciclo componse de seis sesións nas que, ademais do autorretrato, se abordarán a relación entre a pintura e a relixión, o universo feminino, a paisaxe, visións da cidade e o bodegón.

Estas clases-conferencia impartiranse ao longo de 2015, con periodicidade bimestral.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes