Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

"A noite estrelada" de Van Gogh, protagonista no ciclo "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX"

Centrou a temática da cuarta conferencia impartida polo profesor Diego Diz
Madrid, 8 de xullo de 2015

O profesor de arte Diego Diz abordou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a cuarta sesión de clases-conferencias que constitúen o ciclo "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX". Co título de "A propósito da paisaxe: estudo de A noite estrelada de Van Gogh, 1889" tratou "dos dominios da noite e do anhelo do absoluto", como anunciou o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que presentou a sesión en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

Como vén sendo habitual no ciclo, nesta sesión Diz tamén comparou o cadro de Van Gogh con outras paisaxes da pintura occidental. Na próxima sesión, que terá lugar o 23 de setembro, Diz abordará a paisaxe urbana na pintura, co título de "Visións da cidade (Canaletto, Pisarro, George Grosz) ".

O ciclo está composto por seis clases-conferencias e ten periodicidade bimestral. As anteriores estiveron dedicadas ao autorretrato, a relación entre a pintura e a relixión e o universo feminino. A paisaxe urbana e o bodegón serán os temas que centren as seguintes sesións.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes