Medios

  • (2848x4288px., 893 Kb.)
  • (2848x4288px., 1009 Kb.)
  • (2848x4288px., 1180 Kb.)
  • (2848x4288px., 1270 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O comisario dos Camiños a Santiago da Xunta de Castela e León, Manuel Fuentes, pronunciou o último relatorio do "Seminario José Cimadevila Covelo de Estudios Xacobeos" sobre o sistema de xestión dos 2083 Km. de Camiños na súa Comunidad

La Casa de Galicia acoge la clausura de la undécima edición del Seminario realizado en colaboración con la Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago
Madrid, 28 de novembro de 2011

No acto, presidido polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez, interviñeron o presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz e o comisario dos Camiños a Santiago en Castela e León, Manuel Fuentes Hernández que falou sobre o sistema de xestión dos Camiños na súa comunidade. Jiménez encargouse da presentación do acto e recordou nas súas breves palabras a longa e frutífera colaboración coa Asociación: "hoxe clausuramos a undécima edición e esperamos que poidamos celebrar, como mínimo outras tantas".

José Antonio Ortiz fixo un pequeno repaso pola longa traxectoria profesional de Fuentes, vinculada en boa medida ao Camiño.

Pola súa banda, Manuel Fuentes iniciou a súa disertación aludindo ao "labor extremadamente positivo que realiza a Casa, un marabilloso exemplo do gran traballo que se pode facer como delegación dunha comunidade en Madrid". Castela e León ten moitas singularidades, dixo Fuentes, entre elas "a multiplicidade dos Camiños a Santiago, unha decena en total, que fixo necesaria a agrupación en tres tipoloxías: o Camiño de Santiago Francés, Camiños Históricos a Santiago (Vía da Prata, Camiño Portugués da Vía da Prata, Camiño Mozárabe-Sanabrés, Camiño Vía de Bayona, Camiño Vadiniense-Lebaniego, Camiño do Salvador e Camiño de Besaya); e os Camiños Tradicionais a Santiago (Camiño de Madrid, Camiño de Levante-Sueste, Camiño da La, Camiño Real de Inverno) comprendendo todos eles os 2.083 Quilómetros de trazados jacobeos que hoxe en día se poden realizar".

En relación á xestión destes Camiños comentou que "dende a Xunta de Castela e León se adoptou no ano 2007 unha metodoloxía de traballo concreta e específica co fin de abordar a complexidade e amplitude do fenómeno xacobeo". Para iso elaborouse o documento denominado Estratexia dos Camiños a Santiago por Castela e León co obxecto de ser unha plataforma para a análise, diagnóstico e planificación dos Camiños a Santiago en Castela e León. Inherente a este documento, fíxose "o Plan PAHÍS 2004-2012, do Patrimonio Histórico da comunidade, que postula igualmente como elemento clave no ámbito xacobeo, dende a perspectiva de protexer e conservar o Patrimonio Histórico".

Fuentes explicou que "durante os anos precedentes 2007-08-09 levouse a cabo a base fundamental para afrontar axeitadamente a elaboración dos programas da consellaría de Cultura e Turismo, coa colaboración das consellarías e institucións que compoñen a Comisión dos Camiños a Santiago (deputacións provinciais, asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, diocese, concellos…) e máis o Estado, ante a celebración do Ano Xubilar 2010. Como consecuencia desta dinámica de traballo elaborouse a publicación Memoria de Actividades nos Camiños a Santiago por Castela e León, 2007-2011, onde se recolle esquematicamente o realizado ata este momento, e na que se inclúe un capítulo final no que baixo o título Propostas de Futuro, o comisariado como órgano de xestión propón e pretende que a revitalización lograda nos últimos anos nos Camiños a Santiago e a súa crecente afluencia de peregrinos e turistas obrigue ás administracións e axentes implicados a continuar o traballo, por un lado, de adaptación ás novas demandas e, por outro, de coordinación para unificar criterios e manter os valores primixenios da peregrinación como elemento esencial deste produto turístico, cultural e medio ambiental".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes