Medios

  • (2848x4288px., 1198 Kb.)
  • (2848x4288px., 870 Kb.)
  • (2848x4288px., 1132 Kb.)
  • (2848x4288px., 958 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O Grupo Coral Accento homenaxea a Rosalía de Castro na Casa de Galicia en Madrid

Cun concerto poético-musical no que interpretou textos da escritora galega ou dedicados a ela
26 de abril de 2012

O Grupo Coral Accento ofreceu hoxe na Casa de Galicia en Madrid-Delegación da Xunta de Galicia o concerto poético-musical "Homenaxe a Rosalía de Castro", que alternou un programa musical no que o coro interpretou nove poemas da escritora galega ou dedicados a ela e outro literario no que se fixo unha descrición de Rosalía e se leron algúns dos seus textos, con ocasión do 150 aniversario do seu nacemento. Precedíalle o seu prestixio e o público encheu as salas de actos da Casa para gozar da súa música, en directo e a través de circuíto pechado de televisión.

Madrid, 26 de abril de 2012. - O Grupo Coral Accento ofreceu hoxe na Casa de Galicia en Madrid-Delegación da Xunta de Galicia o concerto poético-musical "Homenaxe a Rosalía de Castro", que alternou un programa musical no que o coro interpretou nove poemas da escritora galega ou dedicados a ela e outro literario no que se fixo unha descrición de Rosalía e se leron algúns dos seus textos, con ocasión do 150 aniversario do seu nacemento. Precedíalle o seu prestixio e o público encheu as salas de actos da Casa para gozar da súa música, en directo e a través de circuíto pechado de televisión.

O Grupo foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen se referiu ás súas moitas actuacións en diversos medios e á súa ampla e prestixiosa traxectoria musical.

Dende a súa creación no ano 2000, o Grupo Coral Accento, dirixido por Aldo Cano, ten como obxectivo fundacional a divulgación cultural, orientada á difusión do coñecemento da música polifónica en xeral e da española en particular. Mantén a formación clásica de catro voces mixtas a capella. Non obstante, interpreta obras a un número distinto de voces (dunha a seis), en función das necesidades dos distintos repertorios.

Está integrado por unha trintena longa de voces na actualidade e entre as súas aspiracións figuran "a versatilidade, a flexibilidade do seu repertorio e unha mirada ampla sen complexos aos diversos estilos e épocas, co fin de que o grupo se adestre na expresividade dos distintos xéneros corais", segundo os seus integrantes explican.

Accento actuou en diversos medios e en escenarios tanto de España coma do estranxeiro. Foi elixido para intervir no acto do depósito das cinzas do poeta José Hierro no Pavillón de Homes Ilustres do cemiterio de Ciriego, en Santander, así como para os actos de homenaxe que se celebraron nos centros de poesía que levan o seu nome en Getafe e San Sebastián de los Reyes.

Dende 2009 participou nos encontros anuais que se realizan con motivo do Día Mundial da Poesía en Getafe, participa habitualmente nos encontros de Música Sacra e Antiga organizados pola Comunidade de Madrid e realizado concertos monográficos en centros culturais de Madrid e provincia. Tres dos seus membros -Santiago Romero, Almudena García Orea e Aldo Cano- son os autores do libro Ad Libitum, que trata da vida e obra de Tomás Luis Victoria, músico de referencia para o grupo, editado en novembro de 2011, con ocasión do seu cuatrociento aniversario.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes