A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dedica un relatorio á figura do conde de Gondomar no IV Centenario do seu nobramiento

A conferencia correu a cargo do catedrático de Lingua e Literatura Española Fernando Bartolomé Benito
Madrid, 13 de xuño de 2017

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O Conde de Gondomar no seu IV Centenario", con motivo do cuarto centenario do nomeamento de Diego Sarmiento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III, e o 450 aniversario do seu nacemento, que pronunciou o catedrático de Lingua e Literatura Española Fernando Bartolomé Benito.

A presentación realizouna o coordinador de Actividades Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega. Nas súas palabras, Jiménez destacou do orador que é especialista neste personaxe histórico sobre o que realizou novos achados que incluíu no seu último libro, titulado Gondomar versus Raleigh, e subtitulado El águila hispana vence al dragón inglés e no que está baseado o relatorio. Tamén é autor de varias novelas históricas, entre as que citou Disuelta en humo, sobre a Guerra Civil española; Amadís, sobre Amadís de Gaula, o héroe cabaleiro; El enigma del cofre de sándalo, sobre o asasinato de Prim; e Matar a un rey, sobre Gracián na Corte de Felipe IV. Ainda que é no conde de Gondomar no que centra máis a atención, pues a él ladicoulle outros títulos como Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, el Maquiavelo español; El rosal quebrado. Andanzas londinenses del Conde de Gondomar; e Relación breve y apasionada de la vida y hechos de don Diego Sarmiento Acuña. Capitán de Bayona. Conde Gondomar. Gobernador de Galicia.

Pola súa banda, o profesor iniciou a súa disertación lembrando a feliz coincidencia de que foi tal día como hoxe, cando D. Diego Sarmiento recibiu o nomeamento no ano 1617, tamén martes e 13, data xa por entón considerada infausta polo que asinouse ao día seguinte.

Tamén relatou varios "chascarrillos" que os ingleses volveron a publicar sobre o Conde, considerado por moitos como "o mellor informado da Inglaterra da época". Nun deles, contou que hai "dous tipos bebendo nunha taberna e un dille ao outro, tranquilo, home, xa me podes contar o teu segredo que non se vai a decatar o embaixador Sarmiento", en alusión á fama que tiña de decatarse de todo, mesmo sobre todos o detalles da Armada Invencible. O outro, é do grupo humorístico Monty Piton, figurando que están nunha sesión do parlamento entra un heraldo que a grandes berros di "Xa se foi o embaixador de España, en Inglaterra xa ninguén espera á Inquisición Española e todos comezan a bailar como tolos pois a súa fama era que ameazaba ata ao mesmo rei".

Como investigador, nos últimos anos Bartolomé Benito logrou atopar novos testemuños sobre a vida de Sarmiento que "aínda que non varían taxativamente o seu rumbo, si botan luz sobre momentos puntuais da súa existencia", como o texto de Antonio e Francisco de Sotomayor que escribiron sobre as pelexas entre os grupos de raparigos contra os do pobo veciño; e que tamén lle gustaba percorrer as casas, "de lareira en lareira" para escoitar as historias de "diaños, moinantes e preñadas".

Sábese que D. Diego trabóu amizades curiosas. Cun vello mariñeiro alcumado "Ou Coriso" e cun vello fidalgo "D. Victorino", que "servira en Italia, África e Flandes, onde fora asistente de Juan de Austria". "A pericia de Gondomar logrou botar a Inglaterra nos brazos de Francia", dixo e mostrou un dos seus achados máis prezados, un precioso gravado asinado por Samuel Pass, Gravador Real de Jacobo I, nun nobiliario inglés, e no que se baseou o concello de Gondomar ao facer o deseño para a conmemoración do 400 aniversario.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes