Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Gabriel Elorriaga: "Canalejas foi un adiantado ao seu tempo"

O acto, ao que asistiron máis de 150 persoas, contou coa intervención de Carmen Mª Canalejas, bisneta do insigne político ferrolano, no centenario do seu magnicidio
Madrid, 10 de decembro de 2012

O avogado, xornalista e parlamentario nacido en Ferrol, Gabriel Elorriaga pronunciou na delegación da Xunta en Madrid a conferencia "Canalejas: un ferrolano liberal", coincidindo co centenario do seu magnicidio. O acto, presidido polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, contou tamén coa asistencia de María del Carmen Huertas Arguiñano, duquesa viúva de Canalejas e os seus fillos, Carmen María Canalejas Huertas, marquesa de Otero de Herreros e José Manuel Canalejas Huertas, duque de Canalejas, ambos os dous bisnetos do insigne político e que tamén ocuparon a tribuna da Casa. Ao acto asistiron máis de 150 persoas.

"Coñecer o pasado, non é só útil, senón necesario", dixo Ónega nas súas palabras de presentación e engadiu que "é a única forma de coñecernos a nós mesmos, valorar de onde vimos e saber por que estamos aquí", antes de expoñer os datos biográficos máis relevantes do conferenciante, "una das sete persoas encarceradas con motivo das revoltas estudantís de 1956, por intentar avogar polo pluralismo naqueles anos nos que coincidiu cun grupo de mozos de diferentes tendencias políticas como Javier Pradera, Enrique Múgica, Ramón Tamames, e Fernando Sánchez Dragó, entre outros". Gabriel Elorriaga Fernández (Ferrol, A Coruña, 1930) é avogado, xornalista e político de longa traxectoria. Foi elixido deputado por Castellón en 1982 e reelixido en 1986, 1989 e 1993. Posteriormente foi elixido senador por esa mesma provincia nas Eleccións Xerais de 1996, 2000 e 2004.

Para o conferenciante, o obxectivo desta disertación non é "contar as historias que bocexan os libros, como diría o poeta Eugenio de Nora", xa que o seu desexo foi mostrar aqueles aspectos de Canalejas que "aínda hoxe permanecen vivos". Elorriaga e Canalejas compartiron un mesmo espazo, aínda que en séculos diferentes. Para empezar pola pila do Bautismo da Igrexa de San Francisco e polo tanto a mesma paisaxe especial, se ambos os dous tivesen sido conscientes dese feito a tan tenra idade, con "o aire da ría que imprime carácter xenético" e "á outra banda", a vila de Mugardos. Recordou o relator que precisamente Canalejas tomou o seu primeiro pseudónimo "O Cantor de Mugardos" desa infancia en Ferrol, de onde saíu con con 11 anos pero que o marcou para sempre. O mesmo Ferrol de Concepción Arenal, (que dió nomee ao seu parvulario) de Pablo Iglesias, de Franco e de Canalejas, todos eles con con rúas na cidade.

Canalejas, “sentíase profundamente galego" tamén foi elixido para representar a un lugar que non era o seu Alcoy e niso Elorriaga cre que o feito de ser galego axuda moito "pola capacidade de adaptación que nos caracteriza porque a lealdade é máis que que co lugar, coas persoas que o habitan,". Elorriaga foi enumerando as diferentes reformas que propuxo Canalejas e levou a cabo en cada unha das súas responsabilidades, especialmente as relacionadas coas condicións laborais. "Canalejas formaba parte dun novo liberalismo con vocación reformista, que hoxe chamariamos socialdemocracia".

Neste sentido, insistiu tamén Carmen Mª Canalejas, a bisneta do político que tomou a palabra en nome da familia para agradecer á Casa este acto co que se pecha o ano do centenario da súa morte para "manter o recordo e reivindicar a súa memoria". José Canalejas, presidente do Goberno de España entre 1910-1912 ten entre os seus principais logros en materia social: "O custoso tránsito cara á regulación do contrato de traballo; A Lei do contrato de aprendizaxe; A lei da cadeira, que obrigaba aos establecementos comerciais a conceder unha cadeira para as traballadoras durante o desenvolvemento da actividade laboral; A prohibición do traballo nocturno para a muller; A protección laboral de mulleres e nenos no ámbito laboral, que foron as primeiras medidas de xénero de prevención de riscos laborais; A primeira limitación legal coñecida en España da xornada de traballo... " entre outros moitos avances.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes