Conferencia na Xunta en Madrid; "O feminino e o político na novela Adeus para sempre Adeus", por Ana María Forneas

A xornalista madrileña de ascendencia lucense analizou a difícil situación social a través dos personaxes da súa novela
Madrid, 26 de novembro de 2018

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O FEMININO E O POLÍTICO NA NOVELA ADIÓS PARA SEMPRE, ADIÓS, DE ANA MARÍA FORNEAS FERNÁNDEZ", pola propia autora, Ana María Forneas Fernández. No relatorio, a xornalista madrileña de ascendencia lucense analizou a difícil situación española a través da protagonista do libro, Clara, unha muller que a unha idade inoportuna debe enfrontarse a un despedimento debido á crise e dicir adeus ao benestar da súa vida anterior.

O coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, foi o encargado de realizar a presentación. Nela sinalou que a relatora da súa propia obra, Ana María Forneas, é doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, xornalista e escritora, e que ten no seu haber outras novelas, como as tituladas Préstame el sombrero, De entre la paja, Al vaivén de la soledad, Relatos de otoño, Luna de miel en Denia, El poder de un sueño o Luces y sombras (Diario dunha nena de postguerra). Segundo Jiménez, "a conferencia podería titularse tamén Crónica político social en España de 2012 a 2016, e quere ser unha introdución á súa novela Adiós para siempre, adiós, ambientada en Lugo, onde chega a protagonista, Clara Reyes, tras ser despedida do traballo, en busca dun cambio de vida".

A novela sobre a que versou a conferencia, é "unha ambivalencia entre o feminino e o político que abarca o período 2012-2016", onde se analizan os problemas que afectaron aos españois durante estes anos. "Clara Reyes vive as mesmas vicisitudes que o resto dos españois, sen perder a súa sensibilidade feminina e os seus desexos de cambio e evolución, os cales non dan o froito desexado porque, cada día que transcorre, todo é máis caótico e impredecible".

A autora, a través das súas novelas, reflicte os problemas cotiáns que afectan a todos: "a soidade, o amor, o desamor, os malos tratos, a incomunicación entre as persoas, decantándose principalmente polos problemas sociais e das mulleres; iso si, tentando poñer sempre nos meus escritos unha nota de humor, porque sen humor, a vida sería aínda máis insoportable do que nalgúns momentos é".

Para Forneas, o humor móstrase tamén nas vivencias de Clara, como é o caso nas festas de ARDE LUCUS, a través da descrición das xentes que pululan ao redor: "Romanos e Castrexos, galegos, lucenses que aman a súa terra e que cada ano conmemoran efemérides de loita, tal vez inexistentes entre os grupos rivais. Lugo é unha festa, Lugo é un disfrace que pasean: desde o aposto lucense de pernas ben formadas e sen pelos, pasando polo pai de familia de faldellín e coraza que empuxa a "carrilana" onde repousa o seu pequeno fillo, para que non se canse de tanto ruar; a mamá desinhibida, púxose os seus mellores galas, cal Mesalina, gardadas no baúl desde o ano anterior ou, aqueloutra que se enrola unha saba e atada cun cordel, simula unha matrona romana, coa súa capelina ao vento (léase un pedazo de colcha en desuso). A nova "patricia" con lentes de sol, calzando deportivas para non acabar cos pés doloridos, cando dean as tres ou catro da madrugada, tras un día de esmorga continua...".

A narración ten moito de reportaxe no que se describen lugares, persoas e costumes do mundo político e social do momento, polo que ao termo da charla abriuse unha quenda de preguntas, en relación co tema tratado.

 Ana María Forneas Fernández, xornalista e escritora, doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, pronunciou a conferencia sobre a súa décima e última novela publicada: ADIÓS PARA SIEMPRE, ADIÓS, segunda parte da publicada en 2012: PRÉSTAME EL SOMBRERO. Ambas se desenvolven na provincia de Lugo, lugar onde a protagonista de ambos relatos, Clara Reyes, decide trasladarse, nun intento de desprenderse dalgúns lastres persoais e sociais.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes