Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolleu a conferencia "Pedras e canteiras na obra de Antonio Palacios", pola xeóloga Pérez-Monserrat, coincidiendo co centenario do Hospital de Maudes

O arquitecto galego foi criticado na época por utilizar materiais nacionais, fronte a outros que os importaban
Madrid, 12 de abril de 2016

"O arquitecto Antonio Palacios apostou pola utilización de granitos e calcarias  de Galicia, de Madrid, e diferentes lugares de España, sempre o máis pretos ás súas construccións, fronte a outros da época que os importaban", dixo a doutora en Ciencias Xeolóxicas do Instituto de Xeociencias Elena Mercedes Pérez-Montserrat, na conferencia que pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid, coincidindo co centenario do Hospital de Xornaleiros da rúa Maudes, unha das súas obras máis significativas.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, foi o encargado de realizar a presentación da relatora, e da súa traxectoria destacou que Elena Mercedes Pérez-Monserrat é doutora en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid e ademais traballa no grupo de investigación Petroloxía Aplicada á Conservación do Patrimonio do Instituto de Xeociencias IGEO, centro mixto de investigación pertencente ao CSIC e á UCM. "Os artistas son os que bautizan as cidades. Os arquitectos póñenas en pedra porque a súa obra é case eterna", dixo Ónega citando a Schopenhauer, e engadiu que "Palacios leva no seu apelido a súa alma e dedicación. Facer e deseñar palacios foi o seu destino".

Pola súa banda, a conferenciante fixo un ampla pero didáctica explicación sobre materiais e canteiras, con imaxes de cada unha delas, coas características principais así como a formación e orixe. "Palacios deixounos unhas cidades máis bonitas, aínda que o acabado dos seus edificios fose basto". El pensaba que en construcións tan grandes, o efecto do conxunto prevalece sobre o detalle e o acabado natural da pedra, ademais de que lle gustaba, permitía o reducir moito os custos. E así chegaron ata nós. De feito, o Hospital de Xornaleiros de Maudes, que este ano cumpre cen, recentemente foi sometido a unha profunda limpeza porque nas grandes cidades o material poroso ponse mouro e agora loce como novo.

A doutora Pérez-Montserrat, ademais da proxección de imaxes, para completar a súa explicación trouxo á Casa de Galicia unhas mostras de materiais empregados por Palacios, calcarias e granitos, cuxo aspecto e calidades  os asistentes puideron tocar e admirar.

"As tipoloxías de pedra natural empregadas por Palacios nas súas construcións correspóndense principalmente con pedra tradicional, isto é, un material de alta resistencia mecánica empregado como elemento estrutural e exento normalmente de pulido que procede de canteiras próximas aos lugares onde se vai a construír e, por tanto, supón unha mostra de identidade que remiten ao substrato xeolóxico sobre o que se asentan", dixo.

Tras a conferencia, estableceuse un animado coloquio coas preguntas dos asistentes.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes