Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Óscar Ibáñez ofreceu na Casa de Galicia unha conferencia concerto sobre as músicas "de ida e volta" entre Europa e América

O músico pontevedrés utilizou a música galega como fío condutor e analizou o caso particular da emigración galega a Iberoamérica
4 de xullo de 2013

O músico e investigador pontevedrés Óscar Ibáñez ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia-concerto "Alén do mar" na que disertou sobre as músicas "de ida e volta" produto da mestizaxe cultural de Europa e América a través do Altántico, utilizando a música galega como fío condutor e analizando o caso particular da emigración galega a Iberoamérica.

Madrid, 4 de xullo de 2013. - O músico e investigador pontevedrés Óscar Ibáñez ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia-concerto "Alén do mar" na que disertou sobre as músicas "de ida e volta" produto da mestizaxe cultural de Europa e América a través do Altántico, utilizando a música galega como fío condutor e analizando o caso particular da emigración galega a Iberoamérica.

Nun formato especial para o achegamento ao público do seu primeiro traballo discográfico, "Alén do mar", editado o ano pasado, Ibáñez alternou a palabra con audicións comentadas do CD e a interpretación en vivo dalgúns dos temas que contén. Ademais da música galega, serviuse como fío condutor doutros elementos como o poema “Ou fillo de Celt" de Ramón Cabanillas, fonte inspiradora do seu traballo, a tese de Colón galego defendida por Celso García de la Riega, a emigración galega a Iberoamérica fundamentalmente, o celtismo e o atlantismo como ponte de mestizaxe cultural e irmandade entre o Vello e o Novo Mundo.

O músico foi presentado polo coodinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen resaltou que para a gravación do disco, no que se baseou a conferencia, Ibáñez contou con "recoñecidos e experimentados músicos". O gaiteiro e frautista pontevedrés Óscar Ibáñez invítanos a unha viaxe sonora a través do Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, mediante unha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta. Unha proposta coa que asume emocionadamente a tarefa de irmandar musicalmente o Vello e o Novo Mundo, buscando unha fusión sen límites, entre investigación e creación, que logra como resultado un novo e único son. E así, Óscar Ibáñez mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, por poñer uns exemplos", explicou.

Tamén se referiu á extensa traxectoria artística de Óscar Ibáñez, á que cualificou de "impresionante" e da que resaltou algúns datos, como que é mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, Grao Profesional LOE na especialidade de gaita galega con estudos oficiais de frauta de pico.

Ibáñez traballa dende 2004 no Arquivo Sonoro do Servicio de Patrimonio Documental e Bibliográfico dá Deputación de Pontevedra, onde logrou reunir unha colección de 9.000 gravacións sonoras galegas. En 1984 comezou a tocar a gaita co grupo "Treboada" de Poio (Pontevedra) e entre 1989 e 2004 formou parte da "Agrupación Folclórica Celme", coa que participou en numerosos festivais internacionais por toda Europa. Tamén, en 1995 pasou a dirixir o "Grupo de Música Tradicional Pai da Cana", co que gravou varios traballos e actuou por toda Galicia e en Madrid.

En 1997 comezou a colaborar coa Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia, grazas á cal impartiu cursos de gaita e percusión en numerosos centros galegos de Chile, Perú, Venezuela, Brasil, México, Suíza, EUUU, Reino Unido, Cuba e Arxentina.

Outros datos resaltados polo presentador do músico son que obtivo máis de corenta premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio, o que lle levou a converterse nun dos gaiteiros galegos máis galardoados; que como investigador coordinou importantes traballos musicológicos; que creou e organizou relevantes espectáculos musicais e que participou en festivais de fama internacional, como o Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa, ou o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes