Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolleu a conferencia, "O bodegón ou a realidade sen concesións, tres aproximacións", a cargo de Diego Diz

O relatorio que pronunciou o profesor de arte é a sexta e última do ciclo "Obras mestras da pintura do S. XV ao S. XX)"
A delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia: "O bodegón ou a realidade sen concesións, tres aproximacións, (Zurbarán, Meléndez, Picasso)", sexta e última sesión do Ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da Pintura do S. XV ao S. XX", a cargo do profesor de arte Diego Diz. Nesta sesión de clausura o relator analizou as obras: Bodegón con cacharros de Zurbarán; Bodegón con arenques, cebolas, pan e utensilios de cociña, de Meléndez; e Os paxaros mortos de Picasso.

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia: "O bodegón ou a realidade sen concesións, tres aproximacións, (Zurbarán, Meléndez, Picasso)", sexta e última sesión do Ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da Pintura do S. XV ao S. XX", a cargo do profesor de arte Diego Diz. Nesta sesión de clausura o relator analizou as obras: Bodegón con cacharros de Zurbarán; Bodegón con arenques, cebolas, pan e utensilios de cociña, de Meléndez; e Os paxaros mortos de Picasso.

A presentación do acto realizouna o coordinador de Actividades Culturais Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega.

Jiménez explicou nas súas palabras que o bodegón, era un xénero considerado "menor" dentro das categorías da pintura, pero que en España gozou de gran importancia porque soubo adaptarse perfectamente á nosa estética pictórica, que se caracterizada por "a sobriedade, a austeridade, e a énfase no real, no cru, no directo".

Pola súa banda, o profesor Diz, que apoiou as súas explicacións coa proxección de ilustrativas imaxes, foi debullando as diferentes características de cada un dos cadros seleccionados.

Para definir o Bodegón con cacharros, pintado por Zurbarán en 1650, utilizou termos como "quietude" xa que "non transmite dramatismo, nin opulencia" e en cambio si que  foi realizado para amosar "simplicidade, limpeza e nudez". Nel, a xeometría está trazada con rotundidade nos  volumes. "Son obxectos cotiáns e humildes, sen pretensións". En canto á luz, sinalou que é "cortante e contrastada", creando "unha atmosfera relixiosa, atmosfera de silencio e contemplación".

En relación ao Bodegón con arenques, cebolas, pan e utensilios de cociña, pintado por Meléndez en 1760, Diz destacou a seu "virtuosismo e mestría na imitación da natureza". Posúe unha "visión intensa e hiperrealista das cousas". Ademais tamén deixa patente a "insistencia na monumentalidade dos volumes e na ordenación xeométrica das composicións".  Son "bodegóns suculentos, apetitosos, nos que prima o estético e o profano".

No caso de Os paxaros mortos, pintado en 1912 por Picasso, as apreciacións son moi diferentes. É un bodegón moderno, cubista. Nel anulouse a perspectiva espacial así como a tridimensionalidade dos obxectos. Hai unha simplificación e esquematización das formas. "O concepto básico no cadro non é ser unha copia da realidade, senón unha recreación dela por medios pictóricos, autónomos e autosuficientes".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes