Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A relixión, o ritual e o simbolismo, trazos culturais da celticidade en Galicia

Segundo explicou a profesora Blanca García Fernández-Albalát na súa conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión"
Madrid, 7 de febreiro de 2013

A celticidade de Galicia, demostrada pola lingua, consiste en trazos culturais que inclúen parámetros máis amplos que a tipoloxía arqueolóxica, como é a profundidade da relixión, o ritual e o simbolismo. Así o sostivo hoxe a arqueóloga coruñesa especialista en relixión celta e membro de "Os Amigos da Cultura Celta" Blanca García Fernández-Albalát na conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión", que impartiu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

Madrid, 7 de febreiro de 2013. - A celticidade de Galicia, demostrada pola lingua, consiste en trazos culturais que inclúen parámetros máis amplos que a tipoloxía arqueolóxica, como é a profundidade da relixión, o ritual e o simbolismo. Así o sostivo hoxe a arqueóloga coruñesa especialista en relixión celta e membro de "Os Amigos da Cultura Celta" Blanca García Fernández-Albalát na conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión", que impartiu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

García Fernández-Albalát foi presentada polo coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en nome do delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, que non puido asistir, e por José Cerdeira, coordinador da Asociación de Amigos da Cultura Celta, moitos de cuxos membros seguiron as explicacións da conferenciante.

Ao longo da súa intervención, García Fernández-Albalát expuxo as razóns da confusión entre os investigadores celtistas e anticeltistas sobre o poboamento prerromano de Gallaecia. A disxuntiva, mantivo, partiu en primeiro lugar da crítica ao nacionalismo decimonónico que buscaba nos celtas as raíces de diferenciación de Galicia e, en segundo lugar, do descubrimento das culturas celtas centroeuropeas.

Segundo a especialista o erro residiu en que na crítica política ao nacionalismo non se reparou nas investigacións realizadas concienciudamente tendo en conta os autores clásicos que situaban os celtas en varios enclaves da Península Ibérica. "Os arqueólogos tampouco tiveron iso en conta e só consideraron celtas ás culturas centroeuropeas de Hallstatt e La Téne", observou.

Non obstante, resaltou que a lingüística veu en axuda dos investigadores demostrando a celticidade da lingua de enclaves como Gallaecia, Tartessos ou a cultura de Golaseca na rexión dos lagos lombardos.

Na súa presentación, Ramón Jiménez destacou que Blanca García Fernández-Albalát é licenciada en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Historia Antiga por esta mesma Universidade. Tamén que é especiaista en relixión celta en xeral e na celtogalaica en particular, rama na que se enmarcan tanto a súa tese doutoral coma as súas publicacións, entre as que destaca "Guerra e Relixión na Gallaecia e Lusitania Antigas", así como que ten exercicio a docencia en Historia Antiga na Universidade de Santiago e en Arqueoloxía Clásica na Universidade de Vigo e a súa profesión de arqueóloga na empresa Arqueoloxía do Noroeste. Na actualidade dedícase á investigación sobre os santuarios celtas de Galicia.

Pola súa banda, Cerdeira recordou algúns dos fitos da traxectoria da aínda nova Asociación da Amigos da Cultura Celta, como a presenza dalgúns dos seus membros, hai poucos anos, no Desfile da Hispanidade en Nova York, co seu atavío típico, lugar onde considera que sentiron a necesidade de defender "esa parte parte da nosa cultura, que non sei se é un 15 ou un 20 por sinto pero si que está moi arraigada".

Tamén o "bautismo" da Asociación en 2009 no congreso que celebrou en Ávila; a súa visita ao "telúrico" San Andrés de Teixidó; "a necesidade de establecer pontes de comunicación entre a Universidade e a rúa, para que a cultura non sexa algo interno entre profesores, nin quede á marxe da sociedade"; anteriores actos celebrados na Casa de Galicia e a recente viaxe dos membros da Asociación a Bretaña, con Blanca García Fernández-Albalát como guía, en busca da cultura celta e "o contacto cos nosos antecesores, entre xente que parece sentir máis interese por nós do que nós manifestamos por eles".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes