Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Pepa Martín explica as ensinanzas económicas dos contos na conferencia "A economía nos contos tradicionais"

Preside a "Asociación Cultural Mariscando Cuentos" e é cofundadora de "Meridianos e paralelos, coaching educativo"
Madrid, 16 de abril de 2015.

A presidenta da "Asociación Cultural Mariscando Cuentos" e cofundadora de "Meridianos e paralelos, coaching educativo", Pepa Martín, especialista en contos que se define a si mesma como cuentera e mariscadora de contos, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a peculiar conferencia "A economía nos contos tradicionais", na que se serviu dunha serie de contos, que contou, para extraer deles conclusións económicas de actualidade.

En representación do delegado da Xunta de Galicia en Marid, José Ramón Ónega, foi presentada polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen dixo dela que "é unha profesional da narración oral escénica que se serve da palabra e dos libros". "Como todo auténtico narrador vinculado á tradición oral, Pepa pode crear, só coa súa voz, un escenario e poboalo de personaxes en parte reais e en parte inventados no que se move como Alicia no país das marabillas", adiantou.

Explicou así mesmo que Pepa Martín "ten unha formación académica moi centrada na comunicación verbal", "realizou cursos de intelixencia emocional, de prevencion de patoloxía da voz, de expresión corporal, plástica e artística e educación infantil" e "impartiu cursos non só a alumnos senón tamén a profesores de colexios, a familias e a editoriais e é coordinadora de proxectos educativos para empresas de xestión cultural".

"Son cuentera, non son economista. Non é unha charla de economía", advertiu a conferenciante, engadindo que "cos contos aprendemos todo o necesario para poder enfrontarnos ao Mundo. Pero a idade adulta apaga toda memoria e somérxenos nun labirinto de obrigas e algún feitizo fai que a felicidade pareza un premio de lotaría". Nesta charla Pepa Martín redescubriunos "as mensaxes escondidas nas palabras de ninguén, para poder chegar a unha economía feliz,".

Comezou cun personaxe moi querido polos nenos: o Rato Pérez, que deu a primeira clase de economía. Continuou polos contos de Alemaña, país do que dixo que "nos mostra como se pode facer unha boa xestión usando os contos e as súas orixes" e rematou "coa explosión da burbulla financeira, para que non volva suceder".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes