Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Bartolomé Benito ofrece unha nova perspectiva da batalla de Rande tras achar un documento inédito sobre este feito histórico

O catedrático e escritor ofreceu unha conferencia ao respecto na Casa de Galicia, "A prata ensanguentada. A batalla dos galeóns de Rande"
12 de xuño de 2013

O achado dun texto inédito sobre a batalla de Rande por parte do catedrático de Lingua Española e Literatura e escritor Fernando Bartolomé Benito ofrece unha nova perspectiva sobre este feito histórico, que o escritor explicou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde ofreceu a conferencia "A prata ensanguentada. A batalla dos galeóns de Rande", resumo dun libro que acaba de escribir –“A prata ensanguentada. O vicerrei Sarmiento de Valladares e os galeóns de Rande" - sobre os feitos acaecidos en outubro de 1702: a actuación e personalidade do vicerrei José Sarmiento de Valladares, os acontecementos que rodearon a batalla que enfrontou ás escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa. Os galeóns españois transportaban importantes tesouros procedentes de América.

Madrid, 12 de xuño de 2013. - O achado dun texto inédito sobre a batalla de Rande por parte do catedrático de Lingua Española e Literatura e escritor Fernando Bartolomé Benito ofrece unha nova perspectiva sobre este feito histórico, que o escritor explicou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde ofreceu a conferencia "A prata ensanguentada. A batalla dos galeóns de Rande", resumo dun libro que acaba de escribir –“A prata ensanguentada. O vicerrei Sarmiento de Valladares e os galeóns de Rande" - sobre os feitos acaecidos en outubro de 1702: a actuación e personalidade do vicerrei José Sarmiento de Valladares, os acontecementos que rodearon a batalla que enfrontou ás escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa. Os galeóns españois transportaban importantes tesouros procedentes de América.

Bartolomé Benito foi presentado polo responsable de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen recordou que o episodio histórico de referencia na conferencia deu lugar a moitas conxecturas e estimulou a imaxinación dos escritores. "Mesmo Julio Verne chegou a situar no escenario desta batalla a fonte de aprovisionamento de ouro do Nautilus na súa novela ´Veinte mil leguas de viaxe submarina ´", observou. Resaltou así mesmo que o conferenciante, aragonés afincado en Baiona (Pontevedra), é estudoso da cultura e a historia do Século de Ouro e que simultanea a crítica e a investigación histórica coa creación literaria e fixo referencia a algunhas das súas obras.

O documento en cuestión no que se basea o novo libro de Bartolomé Benito é unha carta que o secretario de Sarmiento de Valladares, Benito Santana, envía a fray Martín Sarmiento, cronista de India, para ver se pode aclarar aspectos sobre os caudais que transporta a Frota da Prata. Titúlase "Verísima relación dos feitos acaecidos na batalla do Estreito de Rande no desgraciado ano de 1702" e refírese a cousas que aconteceron en torno á batalla.

Bartolomé achou este documento cando investigaba feitos históricos da batalla de Rande e, nunha viaxe de pracer a Canarias, coñeceu un mozo enxeñeiro que lle dixo posuír no seu arquivo familiar unha abundante correspondencia de Galdós e que entre ela se encontraba un documento sobre a batalla de Rande. Foi á súa casa de La Laguna e achou o documento, "dun interese excepcional e algo que decidiu o nervio da miña novela: a viaxe de Galdós a Galicia do que non se tiña noticia". "Esta viaxe está narrada na correspondencia de José Luis Albareda con Giner de los Ríos, o un director e dono do Debate e da Revista de España para o que traballaba Galdós, o outro, Giner, un dos próceres, fundador do Institucionismo, ambos os dous amigos de Galdós".

O conferenciante expuxo que, en 1871, Galdós realizou unha viaxe a Galicia invitado polo IX Conde de Gondomar, ao que coñecera un ano antes na guerra franco-prusiana que ambos os dous seguían, o un como xornalista e o outro como agregado militar ao exercito francés. Gondomar, coñecedor da intención de Galdós de novelar un bo lenzo da España contemporánea ofreceulle a súa casa e o documento en cuestión. Así, explicou, Galdós viaxou ata Galicia en busca do deseño do seu primeiro Episodio Nacional, que puido chamarse Vigo ou Rande, a prata ensanguentada, pero cando se inicia a primeira serie dos Episodios Nacionais aquilo quedaba afastado para os lectores da segunda metade do século XIX, polo que comezou coa batalla de Trafalgar.

Bartolomé Benito debullou na súa conferencia as datas e os movementos dos barcos, ao tempo que refería a personalidade dos protagonistas, incluídos os reis Carlos II e Felipe V, e en especial de Sarmiento de Valladares, nobre galego do que o texto do seu secretario ofrece "unha personalidade pouco común, fractal, un home sempre poñendo unha vela a Deus e outra a demo, capaz de amasar unha inxente fortuna á vez que non descoidou xamais as finanzas reais ata o punto de conseguir a maior Frota da Prata que viran os séculos".

En canto á batalla, detallou que a maior parte da carga xa se desembarcara cando se produciu o ataque anglo-holandés e que o galeón "Santo Cristo de Maracaibo", que polo seu tamaño tiña que permanecer en augas profundas e non podía achegarse a Redondela, o documento redunda en que se afundiu nas Cíes a consecuencia dunha sabotaxe levada a cabo polo vicerrei Sarmiento de Valladares para que non se levasen o seu contido.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes