Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

CCAMINA presenta "A relatividade do imposible: coaching no Camiño de Santiago"

Nunha conferencia ofrecida na Casa de Galicia en Madrid
14 de novembro de 2013

Dez directivos de empresas líderes, cinco etapas e 121 km percorridos son só os números da “Primeira CCAMINATA de Líderes”, celebrada o pasado mes de setembro. Os seus verdadeiros resultados presentáronse hoxe, 14 de novembro, na Casa de Galicia de Madrid durante a Conferencia “A relatividade do imposible: Coaching no Camiño de Santiago” na que participaron a Directora da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; o director da Casa de Galicia en Madrid e delegado da Xunta na capital, José Ramón Ónega; Carlos Álvarez, presidente da Fundación Innaxis, e a fundadora e directora de CCAMINA, Mariela Villar.

Madrid, 14 de novembro de 2013.-  Dez directivos de empresas líderes, cinco etapas e 121 km percorridos son só os números da “Primeira CCAMINATA de Líderes”, celebrada o pasado mes de setembro. Os seus verdadeiros resultados presentáronse hoxe, 14 de novembro, na Casa de Galicia de Madrid durante a Conferencia “A relatividade do imposible: Coaching no Camiño de Santiago” na que participaron a Directora da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; o director da Casa de Galicia en Madrid e delegado da Xunta na capital, José Ramón Ónega; Carlos Álvarez, presidente da Fundación Innaxis, e a fundadora e directora de CCAMINA, Mariela Villar.

Esta “CCAMINATA de Líderes” é o único proxecto especializado en coaching no Camiño de Santiago que está patrocinado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Santiago de Compostela. A súa primeira edición demostrou o potencial do Camiño como unha ferramenta de coaching extraordinaria; unha forma diferente de vivilo, recuperando a súa esencia como viaxe de coñecemento e desenvolvemento persoal. 

Dez directivos de empresas líderes a nivel nacional, como DKV, Endesa, Applus, TI Automotive puideron gozar desta primeira CCAMINATA. Un destes directivos, o responsable de recursos humanos de Endesa Zona Norte, Alfonso López-Boado, participou na conferencia e destacou de CCAMINA e da súa coach, Mariela Villar, a súa enorme eficacia para traballar e o potencial tanto profesional como persoal dos participantes.

A Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu na importancia de innovar e achegar valor engadido ás empresas turísticas. Nava Castro subliñou que CCAMINA permite realizar a Ruta Xacobea dunha maneira diferente, aproveitando para desenvolver sesións de coaching e autoconocimiento.

Pola súa banda, José Ramón Ónega destacou a importancia desta iniciativa que reforza as relacións humanas inspirándose na epopea que significa o Camiño de Santiago. Ás xa coñecidas excelencias desta ruta de peregrinaxe e devoción, únese a necesidade de extraer valores humanos. Camiñar non é só unha necesidade senón unha fe, unha devoción e unha meta.

O presidente da Fundación Innaxis, Carlos Álvarez, destacou a singularidade de CCAMINA no mundo do coaching xa que se serve do Camiño de Santiago como escenario de viaxes para procesos de coaching e desenvolvemento persoal.

Mariela Villar, agradeceu o apoio recibido pola Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, que desde o primeiro momento creron no proxecto. Así mesmo destacou a colaboración de Agadic, Paradores, Gadisa e Dircom. “CCAMINA é unha iniciativa empresarial totalmente pioneira e innovadora que traballa con líderes e organizacións nos seus procesos de desenvolvemento persoal e de equipos, liberando o seu potencial para que superen os desafíos e logren as súas metas”, afirmou Mariela Villar.

A fundadora de CCAMINA presentou ademáis un emocionante curto documental que resume este cinco días de viaxe de autoconocimiento da “Primeira CCAMINATA de Líderes”.

Tamén interveu Ramón Fernández que relatou a súa experiencia en “MI CCAMINO”,  unha viaxe individual polo Camiño de Santiago combinado con sesións de coaching realizadas por Mariela Villar. Ramón Fernández afirmou “sinceramente, creo que “MI CCAMINO” é a experiencia de coñecemento máis profunda, interna e vital que vivín nos meus longos 36 anos de viaxes, aventuras e aprendizaxes”. “Polo meu perfil empresarial, tendo a analizar todo desde o punto de vista de rendibilidade económica e monetaria; hoxe sei que si, sei que nin 10.000€, nin 20.000€, nin 100.000€, esta experiencia ten un valor incalculable”, afirmou.

Sobre CCAMINA

Mariela Villar é a fundadora e directora de CCAMINA. Licenciada en Ciencias Políticas e Sociais e máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, Mariela Villar é coach internacional e formadora en actitudes de éxito. É, tamén, directora académica do Curso de Experto en Coaching da Universidade de Santiago, ademáis de conferenciante habitual sobre coaching e Camiño de Santiago en congresos e universidades.

CCAMINA está especializada en procesos de desenvolvemento persoal e de equipos no Camiño de Santiago cun formato innovador, adaptado ao século XXI. Conxuga a súa misión coa súa localización na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

CCAMINA desafía e impulsa o logro de metas, soños e aspiracións de persoas, empresas e organismos. Libera o seu potencial e incrementa o seu talento e os seus niveis de benestar, propiciando resultados extraordinarios. Faio aplicando con excelencia a disciplina do coaching e impartindo formación en actitudes de éxito.

CCAMINA desenvolve persoas, fomenta un liderado eficiente baseado en valores e contribúe así a crear benestar, produtividade e sustentabilidade.

 

Para máis información:

Grupo Inforpress

Tel. 981 93 67 59 / 690 73 51 73

Eva Pou – galicia@inforpress.es

Luisa Rodríguez – lrodriguez@inforpress.es

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes