Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Federico Fernández de Buján ofreceu na Casa de Galicia a conferecia "Os Reis Magos: historia, tradición e fantasía"

O conferenciante é catedrático de Dereito Romano e escritor
Madrid, 17 de decembro de 2014.

O catedrático-director de Departamento de Dereito Romano da UNED e escritor lucense Federico Fernández de Buján ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia "Os Reis Magos: historia, tradición e fantasía".

O acto estivo presidido polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, quen presentou ao conferenciante, repasando algúns dos datos do seu amplo currículo, no que figuran, entre outras cousas, a autoría de doce libros. "Ao ser de Lugo, respirou o espírito romano á sombra da muralla de Lugo, esa inxente construción que resiste os tempos," chanceou Ónega, que tamén fixo referencia aos Reis Magos, "que todos soñamos de nenos e seguimos collidos ao seu manto de fantasía tamén de maiores". "Os Reis Magos son o noso pasado, a nosa fantasía, o noso mundo onírico", mantivo. Acompañoulles na mesa o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez.

Fernández de Buján explicou que só o Evanxeo de San Mateo menciona os Reis Magos (Mt.2,1-12). "O evanxelista disponnos para ler a crónica dun feito histórico. Deles non di apenas nada: 'Chegaron do Oriente uns magos a Xerusalén'. Non pertencen ao pobo elixido, representan a xentilidade. A expresión 'magos', significa sabios da relixión zoroástrica, que tivo gran predicamento nos imperios Medo, Persa e Asirio. A tradición cristiá encargouse de entretecer o seu intrahistoria", ilustrou.

En canto ao número, indicou os testemuños protocristianos flutúan. "Así, dous, tres, catro, seis ou mesmo doce. Prevalece o número de tres coincidente co dos presentes, que defendera Orígenes. Os seus nomes lense en Ravena nos mosaicos da Basílica de San Apolinar Nuevo. San Beda no século XII regálanos a súa imaxe: Melchor vello, cano, Gaspar mozo e louro e Baltasar de pel negra. Cre que representarían os tres continentes coñecidos. A súa razón impúlsalles a descubrir o arcano, pero será ao fincarse de fiunchos ante ese Neno -nos brazos da súa Nai, Sede da Sabedoría-, cando a razón, iluminada pola fe e coa axuda do corazón, comprende o Misterio. Os Reis regálannos así, esa certeza que entende que Fides et ratio, Fe e razón, son proposicións complementarias tan necesarias onte como hoxe", expuxo.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes