Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O Parque Nacional da Serra de Guadarrama, un fito e primeira dificultade no Camiño de Santiago dende Madrid

Foi obxecto dunha conferencia impartida por Javier Donés, director do Centro Montes e Serradoiro de Valsaín, na Casa de Galicia
27 de novembro de 2013

Por un espazo da Serra de Guadarrama protexido pola máxima figura da lexislación española remonta a súa primeira dificultade o Camiño de Santiago dende Madrid e a el referiuse hoxe o enxeñeiro técnico forestal e director do Centro Montes e Serradoiro de Valsaín, Javier Donés Pastor, na conferencia "Parque Nacional da Serra de Guadarrama: fito no Camiño de Madrid a Santiago", que ofreceu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

Madrid, 27 de novembro de 2013. - Por un espazo da Serra de Guadarrama protexido pola máxima figura da lexislación española remonta a súa primeira dificultade o Camiño de Santiago dende Madrid e a el referiuse hoxe o enxeñeiro técnico forestal e director do Centro Montes e Serradoiro de Valsaín, Javier Donés Pastor, na conferencia "Parque Nacional da Serra de Guadarrama: fito no Camiño de Madrid a Santiago", que ofreceu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

Fíxoo dentro do ciclo de conferencias "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos", organizado en colaboración coa Asociación Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, que este ano cumpre a súa décimo terceira edición dirixido polo presidente da Asociación, José Antonio Ortiz, quen presentou o conferenciante. Entre os asistentes ao acto achábase Gloria Cimadevila, filla de Cimadevila Covelo, que foi presidente fundador da Asociación e dá nome ao seminario,e o director de Parques e Xardíns do Concello de Madrid, Santiago Soria.

Donés recordou que hai só uns meses, o pasado mes de xuño, e por lei 7/2013 do 25 de xuño, 33.960 hectáreas da Serra de Guadarrama foron declaradas Parque Nacional, resaltando que "por este espazo, máxima figura de protección da lexislación española, remonta a súa primeira dificultade o camiño de Santiago dende Madrid".

"Este fito na conservación deste espazo tan próximo a Madrid", dió pé a Donés Pastor para falar do Camiño de Santiago no seu paso polos montes de Cercedilla e Valsaín tras alcanzar o Porto da Fuenfría. Recordou os restos arqueolóxicos polos que discorre, como a propia calzada romana, a Casa Eraso, a Venda da Fuenfría ou os restos de construcións militares da Guerra Civil, cuxa Batalla da Granxa serviu de base á novela de Hemingway "Por quen dobran as Campás".

O conferenciante tamén despexou certas dúbidas sobre determinados usos tradicionais que a declaración do Parque Nacional deixa entre os cidadáns e que nun futuro quedasen aclaradas tras a aprobación do Plan Reitor de Uso e Xestión, como a caza e a madeira. Por último, comentou a especial situación dos montes de Valsaín neste parque e o réxime xurídico especial que se lle dota á parte que non é declarada como parque nacional en sentido estrito.

A edición do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios que veu desenvolvéndose ao longo da semana na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid finaliza mañá coa conferencia "Selección de fontes para o estudo do Camiño de Santiago", que ofrecerá o bibliotecario Antonio Magariños Compaired.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes