Medios

  • (2848x4288px., 986 Kb.)
  • (2848x4288px., 753 Kb.)
  • (2848x4288px., 860 Kb.)
  • (2848x4288px., 831 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O escritor gallego José R. Rodríguez explicou na Casa de Galicia a vinculación histórica dos galegos con Filipinas

Ofreceu a conferencia "Presenza de Galicia en Filipinas", baseada nun estudo do que é coautor
7 de marzo de 2012

Os galegos están vinculados á historia de Filipinas dende o seu descubrimento por Magallanes, ao que acompañaron na súa expedición, e tiveron presenza no arquipélago dende entón, segundo a exposición realizada hoxe na Casa de Galicia en Madrid polo xornalista e escritor ourensano, José R. Rodríguez, que ofreceu a conferencia "Presencia de Galicia en Filipinas", baseada nun estudo do que é autor, xunto co historiador filipino Lino Dizon, sobre a presenza dos galegos en devir histórico das illas Filipinas, editado recentemente co nome de "Cruceiro".

Madrid, 7 de marzo de 2012.- Os galegos están vinculados á historia de Filipinas dende o seu descubrimento por Magallanes, ao que acompañaron na súa expedición, e tiveron presenza no arquipélago dende entón, segundo a exposición realizada hoxe na Casa de Galicia en Madrid polo xornalista e escritor ourensano, José R. Rodríguez, que ofreceu a conferencia "Presencia de Galicia en Filipinas", baseada nun estudo do que é autor, xunto co historiador filipino Lino Dizon, sobre a presenza dos galegos en devir histórico das illas Filipinas, editado recentemente co nome de "Cruceiro".

O escritor foi presentado polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, quen resaltou o seu labor como delegado xeral para o Sueste Asiático e o Pacífico da Axencia Efe, a súa condición de primeiro xornalista europeo nomeado presidente do Club de Prensa de Manila e o seu papel como fundador e director do semanario "Crónica de Manila", última publicación xornalística en español no arquipélago de magallánico. Tamén que foi director do Instituto Cervantes en Manila entre os anos 2006 e 2011 e que na actualidade é director honorario da Academia Filipina da Lingua Española e membro correspondente da Real Academia Española e das Academias da Lingua de Estados Unidos, El Salvador e Chile e autor dos libros "Crónicas", que recolle máis de 20 anos de periodismo en Asia, e "Philippine First Ladies Portraits" (Retratos das Primeiras Damas de Filipinas).

Entre o centenar de persoas que seguiron a conferencia estaban o embaixador de Filipinas, Carlos Salinas, o secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva, e o secretario xeral da Asociación de Academias da Lingua Española, Humberto López Morales.

Os datos históricos da presenza galega en Filipinas, que cobren o período que transcorre dende a chegada de Magallanes en 1521 e ata o final da presenza española no arquipélago en 1898, están recollidos no libro, que foi presentado recentemente en Manila. Entre os personaxes destacados nesta historia figura o que fora gobernador Gómez Pérez das Mariñas, que mandou construír a catedral de Manila e deixou escrito no seu testamento que se morría fóra do Reino de Galicia levaran o seu corpo para ser enterrado en Viveiros.

O conferenciante tamén fixo especial referencia a "o moito que tiveron que ver os galegos co comezo do uso da imprenta e do periodismo en Filipinas", o labor que desenvolveron na industria téxtil e en labor evanxélico das ordes relixiosas. Houbo tres galegos mesmo entre os chamados "últimos de Filipinas", que eran naturais de Lugo, Coruña e Carballiño (Ourense).

Rodríguez resaltou así mesmo o gran cruceiro instalado en Intramuros en 2002, con motivo do hermanimiento con Galicia, realizado por canteiros da localidade pontevedresa de Poio.

“O obxecto do libro é informar. Non é un libro de historia, máis ben é un libro de referencia e o que pretendemos é dar unhas pinceladas históricas sobre o que foi ese período, cal foi o devir desas illas e cal foi a presenza de Galicia e os seus homes", sinala José Rodríguez sobre o libro no que recolle estes datos. Nas súas 200 páxinas o estudo repasa os puntos en común da historia e a cultura de Filipinas cos trazos xenuinamente galegos.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes