Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Un cirurxián pediátrico español viaxa dende hai catro anos a África do Oeste a operar a nenos sen recursos en hospitais da Orde de San Juan de Dios

O Dr. Fernando Rivillacontou a súa experiencia nunha conferencia ofrecida na Casa de Galicia en Madrid
26 de xuño de 2013

Fernando Rivilla, cirurxián pediátrico e voluntario de Juan Ciudad ONGD, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid unha conferencia na que contou a súa experiencia dende 2009 en África do Oeste, viaxando periodicamente xunto a un equipo de profesionais sanitarios para operar nenos e nenas de familias sen recursos en hospitais de San Juan de Dios. A pesar das dificultades e escaseza de medios que encontran alí, Rivilla e o seu equipo regresan ano tras ano, devolvendo o sorriso a moitos nenos que sufrían hernias, queimaduras, traumatismos e úlcera de buruli, entre outras afeccións.

 

  • Nos últimos catro anos realizáronse oito Campañas de Cirurxía Pediátrica en Serra Leoa, Liberia, Ghana e Benín, nas que se atenderon máis de 500 consultas externas e se operaron 250 nenos e nenas de familias sen recursos.
  • Os países de África Subsahariana seguen estando entre os menos favorecidos do mundo, rexistrando grandes carencias en canto a servizos sanitarios refírese, con elevadas taxas de mortalidade materno infantil.

Madrid, 26 de xuño de 2013.A Conferencia "Saúde en África do Oeste. Retos e oportunidades" foi presentada por Ana Rodríguez, coordinadora de Actividades Económicas da Casa, José Mª Viadero, director técnico de Juan Ciudad ONGD (Orde Hospitalaria de San Juan de Dios) e Julio Lage, presidente de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid), entidade que colaborou no acto.

Os catro países de África do Oeste onde se desenvolveron as oito campañas de cirurxía pediátrica realizadas ata agora nos últimos catro anos encóntranse entre os menos favorecidos do mundo, segundo o novo informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento Humano (PNUD). Dos 186 Estados que inclúe o Informe de Desenvolvemento Humano 2013, Ghana ocupa o posto 135, Liberia o 174, Benín o 166 e Serra Leoa o 177.

Estes datos tradúcense en elevados índices de pobreza, que alcanzan ao 77% da poboación de Serra Leoa, por exemplo, ou unha taxa de mortalidade materna de 350 mulleres por cada 100.000 nacidos vivos, fronte á taxa española que se sitúa en torno a 6. A escaseza de medios e de persoal sanitario especializado é outro dos trazos comúns destes países, que rexistran unha alta mortalidade por enfermidades como malaria, e que afecta principalmente á poboación infantil.

Ana Rodríguez explicou que a ONG Juan Ciudad conta con máis de mil socios presentes en todas as comunidades autónomas e, por suposto, entre elas Galicia e a súa base social está composta polos seus socios, doadores-benfeitores e voluntarios, "persoas desinteresadas e comprometidas en apoiar e soster as actividades da organización".

Julio Lage, presidente de Aegama e voluntario da ONG, explicou que o obxectivo da conferencia, que forma parte do que a ONG chama Encontro Solidario, "é sacarvos do voso atafegado ritmo de vida habitual e presentarvos outra forma de ver a vida e de axudar aos máis desfavorecidos nos lugares do mundo con maiores problemas para o acceso ao que para nós forma parte dos nosos costumes e hábitos diarios", unha realidade da que observou que está relativamente próxima. "O Dr. Rivilla, de forma absolutamente xenerosa e solidaria, dedica a gran maioría do seu tempo libre a acudir en axuda destas persoas nestes lugares desfavorecidos proporcionando aos máis débiles, os nenos, unha oportunidade para a súa saúde, realizando operacións nos centros hospitalarios que os Irmáns de San Juan de Dios foron creando nestes lugares", engadiu.

José Mª Viadero explicou que "independentemente da situación de cada países, a Orde Hospitalaria e a súa organización "Juan Ciudad ONGD" apostan pola promoción da saúde e a permanencia continúa dos seus centros, a pesar das enormes dificultades que supón en rexións como África Subsahariana".

Durante a súa intervención, Fernando Rivilla destacou "o importante labor que desenvolvo a Orde Hospitalaria en países como Liberia ou Serra Leoa, onde non sería posible desenvolver campañas de cirurxía pediátrica sen a infraestrutura que ofrece a súa rede de hospitais".

O Dr. Rivilla é actualmente o responsable da Unidade de Cirurxía Pediátrica do Hospital Ramón e Cajal de Madrid, e leva colaborando catro anos coa Orde Hospitalaria, liderando ata a data oito campañas de cirurxía infantil xunto a un equipo de profesionais, nas que tamén colaboraron o enfermeiro Alfredo de Andrés, presidente da ONGD Por África, ademais do cirurxián Emilio Terol e a anestesista Fuensanta Meseguer.

Estas campañas médicas duran en torno a 10-20 días, e consisten en "facer moito, en pouco tempo e con moitos menos recursos dos que dispón calquera hospital en España", afirmou Rivilla. O custo varía en función das características de cada campaña, pero sitúase en torno a 5.000-10.000 euros, e os gastos cóbrense conxuntamente entre Juan Ciudad ONGD e Por África, e inclúen a medicación para a anestesia e os tratamentos, material cirúrxico como agullas, sedas, vendas, e nalgunha ocasión equipo médico como electro bisturí ou pulsioxímetro.

Juan Ciudad ONGDé unha organización sen ánimo de lucro creada en 1991 pola Orde Hospitalaria de San Juan de Dios (OHSJD), que traballa nos ámbitos da Cooperación Internacional e o Desenvolvemento Humano Sostible en países empobrecidos de todo o mundo, a través dos 65 centros e hospitais da OHSJD en África, América Latina e Asia Pacífico.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes