Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

José Cerdeira advirte na Casa de Galicia das consecuencias dunha xestión irresponsable dos recursos naturais

Na conferencia "Sete millóns de sonos... e un só planeta", que tivo lugar con ocasión do Día Mundial do Medio
Madrid, 11 de xuño de 2015.

O pontevedrés José Cerdeira Taboada, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, experto en eficiencia enerxética e xerente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), ofreceu hoxe na Delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia a conferencia “Sete mil millóns de sonos... e un só planeta”, na que advertiu das consecuencias dunha xestión irresponsables dos recursos naturais. A conferencia tivo lugar con ocasión do Día Mundial do Medio, que se celebrou o pasado día 5 co slogan “Siete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación”.

O conferenciante foi presentado polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, quen dixo del que “é un enxeñeiro humanista ou un humanista enxeñeiro, culto, filósofo da vida, que se expresa como un literato, de fino sentido do humor e un amigo que da e recibe amizade”. Ademais, Ónega citou pensadores ilustres seleccionando frases referidas á natureza pola súa profundidade e sentido do humor. Entre os asistentes ao acto estaban o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, o empresario Enrique Santín e os directivos de entidades galegas Carlos de Blas e Ovidio Cadenas.

Cerdeira estivo acompañado por Rafael Sánchez Rivera, que lle axudou coas proxeccións que ilustraron a súa exposición. O conferenciante recordou que “o benestar da humanidade, do medio e o funcionamento da economía dependen en boa medida dunha xestión responsable dos recursos naturais que o planeta pode achegarnos” e advertiu de que “a xestión realizada está moi afastada do que se puidese considerar razoable e a humanidade está a consumir moitos máis recursos naturais que os que o planeta pode proporcionar de forma sostible”.

Mantivo que, empurrados polo aumento de poboación e o desenvolvemento económico, “moitos dos ecosistemas da Terra están a chegar a puntos críticos de esgotamento que provocan cambios irreversibles” e “se continúan as taxas de aumento poboacional e as pautas actuais de consumo e produción, para o ano 2050 necesitaremos tres planetas para manter nosos modos de vida e consumo”. Como consecuencia dese aumento incontrolado do consumo, “a xeración de residuos tóxicos que devolvemos ao planeta aumenta de modo que estamos a poñer en perigo o seu equilibrio e xeramos importantes riscos para a supervivencia da nosa civilización”.

Cerdeira fixo un repaso polas variables que determinan o estado do planeta e as medidas ao alcance da humanidade para corrixir os desequilibrios. “Vivir tendo en conta os límites do noso planeta é a mellor estratexia para asegurar un futuro sostible. Vivir de forma sostible significa facer máis con menos e asumir que non podemos permitir que o crecemento económico poña en perigo a nosa supervivencia como civilización”, sostivo.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes