Medios

  • (3456x5184px., 1207 Kb.)
  • (3456x5184px., 1241 Kb.)
  • (3456x5184px., 1138 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolleu unha revisión das relacións históricas dos antigos viquingos con Galicia

Na conferencia "O mar, ponte entre culturas," que ofreceu a xornalista Mercedes de Luis
28 xuño de 2012

A xornalista Mercedes de Luis Andrés recordou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as relacións históricas dos antigos viquingos con Galicia e o seu pouso social nas terras galaicas e danesas ata a actualidade na conferencia "O mar, ponte entre culturas", na que presentou o mar como nexo de unión entre culturas e revisou o estereotipo de que estes visitantes "chegaron e fóronse rapidamente, causando estragos". "Así funciona a maquinaria da historia, cando un personaxe é molesto etiquétaselle de xeito negativo e, non obstante, explorando outro punto da Terra, o mesmo personaxe é considerado como un benfeitor", reflexionou, para situar os feitos.

Madrid, 28 de xuño de 2012.- A xornalista Mercedes de Luis Andrés recordou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as relacións históricas dos antigos viquingos con Galicia e o seu pouso social nas terras galaicas e danesas ata a actualidade na conferencia "O mar, ponte entre culturas", na que presentou o mar como nexo de unión entre culturas e revisou o estereotipo de que estes visitantes "chegaron e fóronse rapidamente, causando estragos". "Así funciona a maquinaria da historia, cando un personaxe é molesto etiquétaselle de xeito negativo e, non obstante, explorando outro punto da Terra, o mesmo personaxe é considerado como un benfeitor", reflexionou, para situar os feitos.

A xornalista, interesada na historia danesa e no ciclo de viaxes dos viquingos ao norte de España e particularmente a Galicia, estivo acompañada polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen resaltou dela que "é unha apaixonada das viaxes e das relacións entre os pobos".

Da man de De Luis, o auditorio da Casa de Galicia repasou o episodio da historia galega que transcorreu no século IX sobre o territorio que hoxe chamamos Catoria, nas inmediacións de Villagarcia e Pontevedra, onde tiveron lugar enfrontamentos entre invasores normandos e habitantes de Catoira. Recordou as chamadas Torres do Oeste, fortificación da que xa só quedan ruínas en Catoira pero que durante séculos e ata os Reis Católicos era un símbolo de resistencia ao invasor que chegaba por mar, o que fixo que Catoira pasase á historia como "chave e selo de Galicia". Posteriormente sumóuselle un valor relixioso coa construción dunha basílica en honor a Santiago.

Dous séculos despois das batallas na ría de Arousa, explicou, os normandos volven a Galicia pero fano xa como peregrinos pois no que hoxe é Dinamarca se producira unha transformación ao cristianismo e nas súas crónicas quedaba o recordo dun lugar chamado Santiago, con tesouros da cristiandade; chegaron tanto por terra coma por mar. De Luis afirmou que o que hoxe chamamos o Camiño Inglés toma a ruta dos primeiros peregrinos normandos e que en orixe eran rutas comerciais ás que se sumaron.

Finalmente a conferenciante ofreceu unha visión de Dimanarca dende a súa época guerreira á actual de "abandeirada do deseño" e referiuse á "pegada da herdanza española" no país en igrexas e rúas dedicadas a Santiago, que conviven con outras rúas en honor dos deuses viquingos Thor e Odín.

Ofreceu ademais direccións comerciais en internet, para os que estean interesados neste tipo de relacións, especialmente no ámbito ambiental, e propuxo rutas turísticas para este verán que enlazaría a Romaxe de Catoira, que se celebra durante unha semana e o seu día grande é o primeiro domingo de agosto, con lugares en Dinamarca relacionados co paso dos viquingos por Galicia.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes